Evelyn Fox Keller
(1999) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1936 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de setembro de 2023 (87 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard - Doutora en filosofía Universidade Brandeis - grao en Artes Radcliffe College - Mestrado |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos de xénero, xénero, Bioloxía molecular, historia da ciencia, Filosofía da ciencia, matemáticas e física |
Ocupación | física, biógrafa, activista polos dereitos das mulleres, bióloga, escritora, académica, profesora universitaria, filósofa, feminista |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade Estatal de Nova York en Purchase Northeastern University Universidade de California, Berkeley Universidade de Nova York |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Joseph Keller (1963–1976), divorcio |
Premios | |
Evelyn Fox Keller, nada en Nova York en 1936 e finada o 22 de setembro de 2023,[1] foi unha física, autora e feminista estadounidense. En 2016 traballou como Profesora de Historia e Filosofía da Ciencia no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Tamén foi profesora da Universidade de Nova York e do departamento de retórica da Universidade de California, Berkeley.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Keller licenciouse en Física na Universidade de Brandeis en 1957 e continuou os seus estudos en Física Teórica na Universidade Harvard onde obtivo o seu doutoramento en 1963.
Como sinala Eulalia Pérez Sedeño "O seu doutoramento en físicas non foi un camiño de rosas, dado as poquísimas mulleres que cursaban esa disciplina e os prexuízos da época. O acoso e as bromas sexistas por parte de profesores e compañeiros fixeron que se tomase un descanso antes de concluír a súa tese".[2]
Keller comezou a interesar pola bioloxía molecular durante unha visita que realizou ó Cold Spring Harbor Laboratory onde completaba a súa defensa de tese doutoral. O seu traballo posterior centrouse na historia e filosofía da bioloxía moderna, así como nos Estudos de ciencia, tecnoloxía e xénero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nerlich, Brigitte (2023-09-25). "Evelyn Fox Keller (1936-2023)". Making Science Public (en inglés). Consultado o 2023-12-31.
- ↑ Stadler, Marta Macho (2023-10-06). "Evelyn Fox Keller (1936-2023): la pionera de los estudios de ciencia y género". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2023-12-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A Feeling for the Organism: The Life and Work of Barbara McClintock. Freeman, 1983.
- Reflections on Gender and Science. Yale University Press, 1985.
- Three cultures : fifteen lectures on the confrontation of academic cultures, The Hague : Univ. Pers Rotterdam, 1989.
- Secrets of Life/Secrets of Death: Essays on Language, Gender and Science. Routledge, 1992.
- Refiguring Life: Metaphors of Twentieth-century Biology. The Wellek Library Lecture Series at the University of California, Irvine. Columbia University Press, 1995.
- Keywords in Evolutionary Biology (co-edited with Elisabeth Lloyd). Harvard University Press, 1992 (reprinted 1998 ISBN 0-674-50313-9).
- The Century of the Gene. Harvard University Press, 2000.
- Making Sense of Life : Explaining Biological Development with Models, Metaphors, and Machines. Harvard University Press, 2002.