Ethan Happ
![]() | |
Río Breogán – No. 22 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1996 (27 anos)![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos / Macedonia do Norte |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 108 kg (238 lb) |
Posición | Pivote, ala-pivote |
Liga | ACB / Champions League |
Información da carreira | |
Instituto | Rockridge (Illinois) |
Universidade | Wisconsin (2015–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2019−presente |
Historial de equipos | |
Olympiacos (2019–2020) → Vanoli Cremona (2019−2020) Lavoropiù Fortitudo Bologna (2020−2021) Dinamo Banco di Sardegna Sassari (2021) MHP Riesen Ludwigsburg (2022) Río Breogán (2022−presente) |
Ethan Happ, nado o 7 de maio de 1996 en Milan, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense con pasaporte de Macedonia do Norte. Formado na Universidade de Wisconsin, é un dos únicos seis xogadores da NCAA en rexistrar, polo menos, 2000 puntos, 1000 rebotes e 400 asistencias.[1] Cunha altura de 2,08 m, pode xogar nas posicións de pivote e ala-pivote.[2] Actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Milan, Illinois, Happ xogou ao baloncesto no Instituto Rockridge, para posteriormente finalizar a súa formación na Universidade de Wisconsin. Happ foi titular en todos os xogos durante a súa primeira temporada cos Badgers, sendo nomeado mellor freshman da Conferencia Big Ten. En 2019 converteuse no primeiro xogador en 25 anos en conseguir 2000 puntos e 1000 rebotes na conferencia, sendo un dos únicos seis de toda a historia do baloncesto universitario en conseguir esta marca alén de 400 asistencias. Na súa última temporada fixo unha media de 17,9 puntos, 10,3 rebotes, 1,0 asistencias e 1,2 tapóns por partido, sendo o único xogador da NCAA en liderar ao seu equipo nestes cinco apartados estatísticos.[4]
Despois de non ser drafteado en 2019, Happ asina co Olympiacos grego, equipo co que debuta na Euroliga. Porén, esa temporada é cedido ao Vanoli Cremona da LBA, máxima categoría do baloncesto italiano. Neste equipo fai unha media de 18,3 puntos, 9,3 rebotes e 2,5 asistencias por partido. O seu rendemento sérvelle para asinar na temporada seguinte co Fortitudo Bologna, equipo italiano da Basketball Champions League. En Boloña fai unha media de 13,6 puntos, 9,3 rebotes e 3,2 asistencias por partido na liga local e 19,0 puntos, 10,0 rebotes e 3,0 asistencias na Champions League. Con todo, unha lesión no cóbado impídelle dipsutar o comezo da seguinte temporada. Após superar a lesión, en xaneiro asina polo Dinamo Sassari, onde fai unha media de 10,0 puntos, 5,6 rebotes e 2,2 asistencias por partido na liga italiana e 11,8 puntos, 6,3 rebotes e 2,5 asistencias na Champions League. Despois doutra lesión, en xaneiro de 2022 asina polo Riesen Ludwigsburg da Basketball Bundesliga, onde fai unha media de aproximadamente 9 puntos, 7 rebotes e 3 asistencias por partido na liga local e na Champions League. O 8 de xullo de 2022 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[3]
Clubs[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira, Happ ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
Olympiacos (Euroliga, 2019)
Vanoli Cremona (LBA, 2019–2020)
Lavoropiù Fortitudo Bologna (LBA / BCL, 2020−2021)
Dinamo Banco di Sardegna Sassari (LBA / BCL, 2021)
MHP Riesen Ludwigsburg (BBL / BCL, 2022)
Río Breogán (ACB / BCL, 2022−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El proyecto del Río Breogán toma forma". El Progreso. 29 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Ethan Happ, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Ethan Happ, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 8 de xullo de 2022. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Ethan Happ gets two year deal with Olympiakos Piraeus". Hellenic Daily News. July 21, 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2020. Consultado o January 24, 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en Sports Reference Arquivado 29 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Proballers (en inglés)
- Nados en 1994
- Pivotes de baloncesto
- Nados en Illinois
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores do Guerino Vanoli Basket
- Xogadores do Fortitudo Bologna
- Xogadores do Dinamo Basket Sassari
- Xogadores do Riesen Ludwigsburg
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores de baloncesto da ACB