Saltar ao contido

Estadio de Kaliningrado

Estadio de Kaliningrado
Kaliningrado Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Ростех Арена (ru) Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Inauguración
2018 Editar o valor en Wikidata
Historia
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
   45.015 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gfgvks Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Estadio de Kaliningrado (en ruso: Калининградский стадион), tamén coñecido como Arena Baltika (Арена Балтика), é un estadio de fútbol ruso da cidade que lle dá nome, Kaliningrado. Este estadio albergou catro partidos da fase de grupos do Mundial de Fútbol Rusia 2018. É o campo do FC Baltika Kaliningrado da Liga Premier de Rusia. Ten capacidade para 35.015 espectadores. Foi construído para a disputa do Mundial por mor de que o outro estadio da cidade (Estadio Baltika) non tiña suficiente capacidade, era demasiado antigo e non estaba ben situado para un evento de tan grande magnitude.

O estadio está situado nunha illa no interior do curso do río Pregolia, ás aforas da cidade de Kaliningrado. Por ese motivo, os deseñadores buscaron un aspecto para a construción que harmonizara coa contorna.

Ao estar localizado no Óblast de Kaliningrado, pequeno enclave ruso no Mar Báltico, fixo que este fose o estadio da Copa Mundal de Fútbol 2018 máis próximo á Unión Europea e ao Espazo de Schengen, a tan só uns 45 quilómetros da fronteira con Polonia.

Mundial de Fútbol Rusia 2018

[editar | editar a fonte]
Data Local Res. Visitante Rolda Asistencia
16 de xuño de 2018Croacia Croacia2 - 0Nixeria NixeriaGrupo D31.136[1]
22 de xuño de 2018Serbia Serbia1 - 2Suíza SuízaGrupo E33.167[2]
25 de xuño de 2018España España2 - 2Marrocos MarrocosGrupo B33.973[3]
28 de xuño de 2018Inglaterra Inglaterra0 - 1Bélxica BélxicaGrupo G33.973[4]
  1. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Croatia - Nigeria - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21.
  2. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Serbia - Switzerland - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21.
  3. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - Spain - Morocco - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 2018-07-21.
  4. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - Matches - England - Belgium - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-21.