Mariana de Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariana de Austria
Raíña consorte de España, Nápoles, Sicilia, Sardeña, duquesa consorte de Milán, duquesa titular consorte de Borgoña, soberana consorte dos Países Baixos e rexente do Reino.

Nacemento22/23 de decembro de 1634
Wiener Neustadt, Austria
Falecemento16 de maio de 1696
(61 anos)
Palacio de Uceda (Madrid), España
ConsorteFilipe IV
DescendenciaVéxase Matrimonio e descendencia
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresFernando III del Sacro Imperio Romano
María Ana de España

Escudo de Mariana de Austria
Na rede
WikiTree: Habsburg-56 Find a Grave: 8848149 Editar o valor em Wikidata

Mariana de Austria, nada en Wiener Neustadt, Austria, 22/23 de decembro de 1634 e finada no Palacio de Uceda, Madrid, o 16 de maio de 1696, foi raíña consorte de España (1649–1665) como segunda esposa de Filipe IV e rexente (1665–1675) como nai de Carlos II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariana por Diego Velázquez, c. 1656.

Mariana era filla do emperador Fernando III do Sacro Imperio Romano Xermánico e da infanta María Ana de España, filla á súa vez do rei Filipe III de España. Desde nena estivo comprometida co seu primo Baltasar Carlos, Príncipe de Asturias, pero ao morrer este inesperadamente novo en 1646, o rei Filipe IV de España, viúvo tras a morte da súa primeira esposa, Isabel de Borbón ofreceuse como noivo da nova arquiduquesa austríaca.

O matrimonio tivo lugar o 7 de outubro de 1649 en Navalcarnero, preto de Madrid, pasando a noite de vodas nel Escorial. Desta unión naceron varios fillos, pero unicamente dous alcanzaron a idade adulta: a infanta Margarida Tareixa, posteriormente Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico polo seu matrimonio co emperador Leopoldo I en 1666; e o futuro Carlos II. Ao falecer o seu esposo en 1665, Mariana converteuse en rexente do reino durante a minoría de idade do seu fillo. Figura máis que influente no seu goberno habería de ser o seu confesor, o pai Juan Everardo Nithard, que atopou a forte oposición de Don Xoán Xosé de Austria, único fillo natural recoñecido de Filipe IV e inimigo acérrimo de Mariana.

España viuse involucrada ao pouco tempo na guerra de Devolución (1667–1668) con Lois XIV de Francia, tras a que se asinou o tratado da paz de Aquisgrán en 1668. Fernando de Valenzuela substituíu a Nithard no favor da raíña en 1673. Con todo, aquel mesmo ano Mariana sufriu un rudo golpe ao recibir a noticia da morte da súa filla, a emperatriz Margarida Tareixa, en Viena. Dous anos máis tarde, en 1675 a rexencia chegou ao seu fin a debido á maioría de idade de Carlos II, pero Mariana seguiu influíndo bastante no seu débil fillo, salvo durante o período comprendido de 1677, en que Xoán Xosé de Austria fíxose co poder e confinouna en Toledo, até 1679, data da morte deste.[1]

Os seus últimos anos foron especialmente difíciles debido, entre outras cousas, ás súas frecuentes pelexas coa súa segunda nora, Mariana de Neoburgo. Así mesmo, a morte da súa neta María Antonia de Austria, esposa do elector Maximiliano II Manuel de Baviera, en 1692 foi un terrible golpe para ela; con todo, o único fillo sobrevivente da parella, o príncipe Xosé Fernando de Baviera, converteuse nun dos poucos consolos que Mariana tivo durante os seus últimos anos de vida.

Non moito tempo despois, a Mariana diagnosticóuselle cancro de peito. Esta foi a causa da súa morte, ocorrida o 16 de maio de 1696 en Madrid

Mariana, como viúva, nos seus anos avanzados, por Claudio Coello, c. 1685–1693.

Máis de tres anos despois, durante o outono de 1699 o embaixador austríaco en Madrid, Conde Harrach, acompañou aos reis a pasar unha tempada nel Escorial e conta que, aproveitando a ocasión, decidiuse cambiar algúns féretros de lugar.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Prometida co seu primo o príncipe de Asturias, Baltasar Carlos, pero tras a morte prematura deste en 1646 contraeu matrimonio co rei Filipe IV de España, o seu tío, para asegurar a súa descendencia masculina.

Casaron o 7 de outubro de 1649 en Navalcarnero, converténdose na segunda esposa de Filipe IV. Desta unión naceron:

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Serie Capítulo
2009 Águila Roja 16

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Bourrellier, Rocío (2007). El ocaso de una dinastía. Muy Historia (Madrid: G y J España Ediciones). pp. 52–55. ISSN 1885-5180. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BAVIERA, Príncipe Adalberto de, Mariana de Neoburgo, Reina de España (Madrid: Espasa Calpe, 1938).
  • CALVO POYATO, José, La vida y época de Carlos II el Hechizado (Barcelona: Editorial Planeta, 1998).
  • CALVO POYATO, José, Reinas viudas de España (Barcelona: Península, 2002).
  • FISAS, Carlos, Historias de las reinas de España: la Casa de Austria (Barcelona: Editorial Planeta, 1999).
  • GONZÁLEZ-DORIA, Fernando, Las reinas de España (Madrid: Trigo, 2003).
  • MAURA GAMAZO, Gabriel, Vida y reinado de Carlos II (Madrid: Espasa Calve, 1942).
Predecesor:
Isabel de Borbón

Raíñas consorte de España

16491665
Sucesor:
María Luísa de Orleáns
Predecesor:
Filipe IV
Rexente do Reino de España
16651675
Sucesor:
Carlos II