Henrique VII de Luxemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenrique VII de Luxemburgo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 12 de xullo de 1275 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Valenciennes, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1313 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Buonconvento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPiazza dei Miracoli Editar o valor em Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
29 de xuño de 1312 – 24 de agosto de 1313
Conde de Luxemburgo
1288 (Gregoriano) – 1313 (Gregoriano)
← Henrique VI do Luxemburgo (pt) TraducirJoão I da Boémia (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Luxemburgo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarida de Brabante (1292 (Gregoriano), 1292 (Gregoriano)–)
FillosJoão I da Boémia (pt) Traducir, Maria do Luxemburgo (pt) Traducir, Beatriz de Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique VI do Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Beatrice d'Avesnes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarkéta Lucemburská (en) Traducir, Balduin von Luxemburg (pt) Traducir e Walram of Luxembourg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Luxembourg-101

Henrique VII, nado contra 1275 en Valenciennes, capital do Condado de Hainaut, e finado o 24 de agosto de 1313 na vila de Buonconvento, provincia de Siena, na Toscana, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do conde Henrique VI de Luxemburgo e de Beatriz de Avesnes. Sucedeu ao seu pai como conde de Luxemburgo en 1288. Foi elixido Rei de romanos en 1308, despois do asasinato de Alberte I de Habsburgo, e máis tarde coroado emperdador do Sacro Imperio Romano, en 1312.

En 1292 casou con Margarida de Brabante, filla de Xoán I duque de Brabante e de Limburgo.

Os sete príncipes electores elixen a Henrique VII.
Tumba de Henrique VII, na catedral de Pisa.

Desta unión naceu en 1296 Xoán, chamado o Cego, futuro conde Xoán I de Luxemburgo), que foi designado rei de Bohemia en 1310.

En 1308 Henrique foi elixido Rei de romanos, e coroado como emperador do Sacro Imperio en Roma o 29 de xuño daquel mesmo ano, título que estaba vacante desde a morte de Frederico II Hohenstaufen.

Enfrontouse ao expansionismo de Francia, e tratou, sen éxito, de recuperar a influencia que perdera o título imperial, especialmente en Italia, onde destacou o enfrontamento que tivo coa cidade de Florencia. Porén, entra en disputa cos güelfos, incluso nas cidades libres da Toscana, e a súa actitude autoritaria foi motivo de preocupación para o rei de Nápoles Roberto de Anjou e para o papa Clemente V.

Por esta razón Henrique VII foi coroado por tres cardeais, non polo papa, no Palacio de Letrán.

A Roberto, que nominalmente era seu vasalo, Henrique intenta castigalo pola súa deslealdade aliándose con Frederico de Sicilia, pero morreu de malaria no camiño ao seu encontro, preto de Siena, en 1313.

Tras a súa morte, os rivais Lois de casa de Wittelsbach e Frederico o Fermoso, da casa de Habsburgo, disputaron a coroa imperial. A disputa finalizou coa batalla de Mühldorf, o 28 de setembro de 1322, na que Lois resultou vitorioso.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do matrimonio de Henrique VII con Margarida de Brabante naceron:

Na Divina Comedia[editar | editar a fonte]

Henrique é o famoso alto Arrigo no Paraíso da Divina Comedia de Dante, onde se lle ensina ao poeta o posto de honor que espera a Henrique no ceo. Dante tamén alude a el en numerosas ocasións no Purgatorio, referíndose a el como o salvador que devolverá o goberno imperial a Italia, e terminará co inapropiado control temporal da Igrexa. Porén, o éxito de Henrique VII en Italia non durou, e tras a súa morte as tropas antiimperio recuperaron o control da península.

Predecesor:
Henrique VI
Conde de Luxemburgo
1288 - 1313
Sucesor:
Xoán I
Predecesor:
Alberte I
Rei de romanos
1308 - 1312
Sucesor:
Lois IV
contra Frederico de Habsburgo
Predecesor:
Frederico II Hohenstaufen
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1312 - 1313
Sucesor:
Lois IV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]