Henrique VII de Luxemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henrique VII de Luxemburgo
Conde de Luxemburgo
Rei de romanos
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Henry Lux head.jpg
Selo de Hnerique II de Suabia
Conde de Luxemburgo
12881309
PredecesorHenrique VI
SucesorXoán I
Rei de romanos
13081313
PredecesorAlberte I
SucesorLuís IV

Nacementoca. 1275
Valenciennes, Hainaut
Falecemento24 de agosto de 1313
Buonconvento, Siena, Toscana
ConsorteMargarita de Brabante
DescendenciaXoán
María
Beatriz
Casa realCasa de Luxemburgo
ProxenitoresHenrique VI
Beatriz de Avesnes

Escudo de Henrique VII de Luxemburgo
Escudo de armas do emperador Henrique VII

Henrique VII, nado contra 1275 en Valenciennes, capital do Condado de Hainaut, e finado o 24 de agosto de 1313 na vila de Buonconvento, provincia de Siena, na Toscana, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do conde Henrique VI de Luxemburgo e de Beatriz de Avesnes. Sucedeu ao seu pai como conde de Luxemburgo en 1288. Foi elixido Rei de romanos en 1308, despois do asasinato de Alberte I de Habsburgo, e máis tarde coroado emperdador do Sacro Imperio Romano, en 1312.

En 1292 casou con Margarita de Brabante, filla de Xoán I duque de Brabante e de Limburgo.

Os sete príncipes electores elixen a Henrique VII.
Tumba de Henrique VII, na catedral de Pisa.

Desta unión naceu en 1296 Xoán, chamado o Cego, futuro conde Xoán I de Luxemburgo), que foi designado rei de Bohemia en 1310.

En 1308 Henrique foi elixido Rei de romanos, e coroado como emperador do Sacro Imperio en Roma o 29 de xuño de aquel mesmo ano, título que estaba vacante desde a morte de Federico II Hohenstaufen.

Enfrontouse ao expansionismo de Francia, e tratou, sen éxito, de recuperar a influencia que perdera o título imperial, especialmente en Italia, onde destacou o enfrontamento que tivo coa cidade de Florencia. Porén, entra en disputa cos güelfos, incluso nas cidades libres da Toscana, e a súa actitude autoritaria foi motivo de preocupación para o rei de Nápoles Roberto de Anjou e para o papa Clemente V.

Por esta razón Henrique VII foi coroado por tres cardeais, non polo papa, no Palacio de Letrán.

A Roberto, que nominalmente era seu vasalo, Henrique intenta castigalo pola súa deslealdade aliándose con Federico de Sicilia, pero morreu de malaria no camiño ao seu encontro, preto de Siena, en 1313.

Tras a súa morte, os rivais Luís de casa de Wittelsbach e Federico o Fermoso, da casa de Habsburgo, disputaron a coroa imperial. A disputa finalizou coa batalla de Mühldorf, o 28 de setembro de 1322, na que Luís resultou vitorioso.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do matrimonio de Enrique VII con Margarita de Brabante naceron:

Na Divina Comedia[editar | editar a fonte]

Henrique é o famoso alto Arrigo no Paraíso da Divina Comedia de Dante, onde se lle ensina ao poeta o posto de honor que espera a Henrique no ceo. Dante tamén alude a el en numerosas ocasións no Purgatorio, referíndose a el como o salvador que devolverá o goberno imperial a Italia, e terminará co inapropiado control temporal da Igrexa. Porén, o éxito de Henrique VII en Italia non durou, e tras a súa morte as tropas antiimperio recuperaron o control da península.

Predecesor:
Henrique VI
Conde de Luxemburgo
1288 - 1313
Sucesor:
Xoán I
Predecesor:
Alberte I
Rei de romanos
1308 - 1312
Sucesor:
Luís IV
contra Federico de Habsburgo
Predecesor:
Federico II Hohenstaufen
Imperial Crown of the Holy Roman Empire.jpg
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1312 - 1313
Sucesor:
Luís IV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]