Gabriel Marcel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabriel Marcel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Gabriel Honoré Marcel Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
8.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente Société des amis de Charles Du Bos (en) Traducir
1955 – 1973 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , músico , crítico literario , filósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoExistencialismo cristão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresColegio Maristas de San Isidro (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosPaul Ricoeur Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiHenry Marcel Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: b2779329-1cd7-4f06-8240-5ed02f15cd9e Editar o valor em Wikidata


Gabriel Marcel, nado en París o 7 de decembro de 1889 e finado o 8 de outubro de 1973, foi un filósofo francés. Mantiña que os individuos tan só poden ser comprendidos nas situacións específicas en que se ven implicados e comprometidos. Esta afirmación constitúe o eixo do seu pensamento, cualificado como existencialismo cristián ou personalismo. En 1969 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marcel perdeu á súa nai a unha idade moi temperá, o que lle deixou un profundo sentimento de perda. Foi educado nun ambiente de cariño, aínda que sufocante, pola súa avoa máis pola súa tía, converténdose esta última na súa madrastra.

No seu primeiro libro, Diario metafísico, Marcel abogaba por unha filosofía do concreto que recoñecese que a encarnación do suxeito nun corpo e a situación histórica do individuo condicionan en esencia o que se é en realidade.

Marcel distinguiu a reflexión primaria, que ten que ver cos obxectos e máis as abstraccións e acada a súa forma máis elevada na ciencia e na tecnoloxía, do seu propio método, a reflexión secundaria, que se ocupa daqueles aspectos da existencia humana, coma o corpo e a situación de cada persoa, nos que se participa de forma tan completa que o individuo non pode abstraerse dos mesmos. A reflexión secundaria contempla os misterios e proporciona unha especie de verdade (filosófica, moral e relixiosa) que non pode ser verificada mediante procedementos científicos, pero que é confirmada en tanto ilumina a vida de cada un.

Marcel, ao contrario que outros seguidores do existencialismo, fixo fincapé na participación nunha comunidade, no canto de denunciar o ontolóxico illamento humano. Non só expresou estas ideas nos seus libros, senón tamén nas súas obras de teatro, que presentaban situacións complexas onde as persoas víanse atrapadas e conducidas cara á soidade e a desesperación, ou ben establecían unha relación satisfactoria coas demais persoas e con Deus.

Defensor dos sublevados durante a guerra civil española, Albert Camus polemizou con el en varias cartas públicas onde denunciou as contradicións éticas da súa reflexión filosófica humanista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]