Sete marabillas do mundo: Diferenzas entre revisións
m Category->Categoría |
m Cambiando Image -> Imaxe |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[ |
[[Imaxe:SevenWondersOfTheWorld.jpg|right|200 px]] |
||
As '''sete marabillas do mundo''' (ou as '''sete marabillas do mundo antigo''') son as máis belas e maxestosas obras [[Arte|artísticas]] e [[arquitectura|arquitectónicas]] realizadas na [[Antigüidade]]. |
As '''sete marabillas do mundo''' (ou as '''sete marabillas do mundo antigo''') son as máis belas e maxestosas obras [[Arte|artísticas]] e [[arquitectura|arquitectónicas]] realizadas na [[Antigüidade]]. |
||
Revisión como estaba o 24 de novembro de 2007 ás 17:34
As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.
As sete marabillas do mundo antigo
Velaquía a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.
- A Gran Pirámide de Giza. Rematada arredor do ano 2570 adC, foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Jufu, denominado Keops por Herodoto. Ubicada en Giza, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
- Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos en 605 adC - 562 adC. Ubicados en Babilonia, actual Iraq.
- O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a 550 adC - 325 adC. Ubicado en Éfeso, actual Turquía.
- A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida caraa 430 adC por Fídeas. Ubicada en Olimpia, Grecia.
- O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de 353 adC. Situado en Bodrum, actual Turquía.
- O Coloso de Rodas. Construído entre 294 adC e 282 adC. Ubicado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
- O Faro de Alexandría. Construído entre 294 adC e 283 adC. Ubicado en Alexandría, Exipto.
Orixe da lista
A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.
De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Giza]], construída hai mais de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da Estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.
Actualización
A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.
Marabillas naturais
Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:
- Gran Canón do Colorado.
- Gran Barreira de Coral
- A baía do Río de Xaneiro
- Monte Everest
- Aurora boreal
- Volcán Paricutín
- Fervenza Victoria
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sete marabillas do mundo |