Gabriel de Borbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Bot: Arranxos varios, replaced:

Substitución automática de "Bandera_de_España_1760-1785.svg" por "Flag_of_Spain_(1760–1785).svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|CommonsDelink
Liña 8: Liña 8:
|lugar de nacemento = Palacio de Portici,
[[Ficheiro:Flag of the Kingdom of Naples.svg|20px]] [[Reino de Nápoles]]
|lugar de nacemento = Palacio de Portici,
[[Ficheiro:Flag of the Kingdom of Naples.svg|20px]] [[Reino de Nápoles]]
|data de defunción = [[23 de novembro]] de [[1788]]
(36 anos)
|data de defunción = [[23 de novembro]] de [[1788]]
(36 anos)
|lugar de defunción = [[Casiña do Infante (San Lorenzo do Escorial)|Casiña do Infante]],
[[San Lorenzo de El Escorial]],
[[Ficheiro:Bandera_de_España_1760-1785.svg|border|20px]] [[España]]
|lugar de defunción = [[Casiña do Infante (San Lorenzo do Escorial)|Casiña do Infante]],
[[San Lorenzo de El Escorial]],
[[Ficheiro:Flag of Spain (1760–1785).svg|border|20px]] [[España]]
|lugar de enterro = Panteón de Infantes do Mosteiro do [[El Escorial|Escorial]]
|lugar de enterro = Panteón de Infantes do Mosteiro do [[El Escorial|Escorial]]
|consorte =
|consorte =

Revisión como estaba o 26 de maio de 2022 ás 19:50

Modelo:Ficha de nobre

Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.

Traxectoria

Familia e infancia

O infante Gabriel era fillo de Carlos de Borbón, que por aquel entón era rei de Nápoles e Sicilia (baixo o nome de Carlos VII). Don Carlos era o presunto herdeiro do seu medio irmán, o rei Fernando VI de España, que non tiña fillos. A nai de don Gabriel era María Amalia de Saxonia, filla de Augusto III de Polonia.

O infante don Gabriel naceu en Portici en 1752, e foi bautizado cos nomes de Gabriel Antonio Francisco Javier Juan Nepomuceno José Serafín Pascual Salvador; desde a infancia foi o máis intelixente e traballador dos fillos do rei Carlos, que chegaría a ser un home de moita cultura, renomeado como excelente tradutor de Salustio e verdadeiro mecenas ilustrado. Tivo como profesor de música ao pai Antonio Soler, que compuxo varias dos seus sonatas de clavicémbalo expresamente para o seu avantaxado discípulo e os concertos para dous órganos para interpretalos a dúo con el na Basílica do Mosteiro do Escorial.

Adolescencia e traslado a España

En 1759 morría en Villaviciosa de Odón o rei de España, Fernando VI, tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como Carlos III. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao Príncipe de Asturias, mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, Fernando, nacido un ano antes que don Gabriel.

En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da Orde Hospitalaria de San Juan en Castela e León. En 1771 encargou a Juan de Villanueva a construción da chamada Casiña do Infante, levantada ao sur do mosteiro escurialense.

Matrimonio e vida adulta

En 1785 casou coa infanta Mariana Vitoria de Portugal, primeiro por poderes en Lisboa o 12 de abril, e persoalmente o 23 de maio do mesmo ano, en Aranjuez. Doña Mariana Vitoria era filla do rei Pedro III de Portugal e da raíña María I de Portugal, e a irmá menor do rei Xoán VI.

A parella tivo tres fillos en total:

Pouco despois de dar a luz ao seu último fillo, dona Mariana Vitoria caeu enferma de varíola, e finou o 2 de novembro dese mes; poucos días despois o seu fillo seguíaa á tumba, do mesmo xeito que o propio infante don Gabriel, que morreu o 23 dese mes en San Lorenzo de El Escorial. A súa morte foi un duro golpe para seu pai, o rei, que falecería tamén pouco tempo despois. Están todos enterrados no Escorial. O seu fillo, Pedro Carlos de Borbón, foi criado pola súa avoa materna en Lisboa.

Véxase tamén

Bibliografía