Persia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 62: Liña 62:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
listaref{{Xeografía en progreso}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Xeografía en progreso}}

[[Categoría:Xeografía]]
[[Categoría:Xeografía]]
[[Categoría:Persia]]
[[Categoría:Persia]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2022 ás 21:13

Imperio persa no ano 490 a. C.
Imperio persa no ano 490 a. C.

Persia ou Imperio persa (en persa: شاهنشاهی ایران, transliterado Šâhanšâhiye Irân, literalmente: Irán imperial, en grego clásico Περσίς, romanizado Persís) é o nome dado ao territorio ocupado polo Imperio Persa que se desenvolveu no Medio Oriente (na rexión dos Montes Zagros), entre os séculos VII e IV a.C.. Tamén é o nome dado á rexión actual do Irán; a cultura e o pobo iraniano tamén son descritos co adxectivo persa.

Nome

O nome, usado no Occidente, foi unha herdanza do nome grego para o Irán, Persis, centro do imperio, aínda que o mesmo teña se estendido a lugares actuais como Turquía, noroeste da India e Exipto. No século III, baixo o Imperio sasánida, aparece a palabra Ērān (Irán) ou Ērānšahr ("País dos arios" ou "País dos iranianos"). No século VII, despois da caída dos sasánidas, o país é chamado de novo "Persia" polos estranxeiros. Esta denominación empregaríase até 1934, cando Reza Pálavi, por decreto asinado o 31 de decembro dese ano, substitúe o nome de "Persia" por Irán. [1]

Etnia e lingua

Persa é tamén unha etnia; os persas descenden dos arianos, un pobo indoeuropeo que migrou para a rexión da Persia a partir da Asia Central, no inicio do primeiro milenio a.C. A súa lingua chámase persa, ou farsi. De acordo con fontes do goberno estadounidense, 51% da poboación actual do Irán é da etnia persa. Outras estimativas chegan a colocar esa parcela en 70%. Existen minorías persas tamén no Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Moitas outras etnias existen no Irán, incluíndo grupos arianos non-persas, como os g; as etnias de ascendencia turca, como os acerbaixanos, kurdos, e turcománs; árabes e algunhas outras minorías. Vexa Demografía do Irán para máis detalles.

Para informacións sobre a moderna historia do Irán, vexa Historia do Irán.

O antigo país de Persia foi ocupado sucesivamente por unha serie de pobos e imperios:

Personaxes históricos

Cidades importantes

Notas

  1. Pironet, Olivier (2007-06-01). "Iran : chronologie historique". Le Monde diplomatique (en francés). Consultado o 2022-03-08. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.