Diferenzas entre revisións de «Amalasunta»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ao morrer o fillo no 534, e dadas as malas relacións coa nobreza goda, enviou embaixadas a Xustiniano para saber se lle daría asilo en caso de ter que marchar de Italia, ao que Xustiniano respostou afirmativamente e preparoulle un palacio en Dirraquio.<ref>Le Beau (1827), pp. 286-287</ref> Finalmente, Amalasunta non marchou e escolleu como rei ao seu curmán [[Teodato]], [[Ducado de Tuscia|duque de Tuscia]] e fillo de [[Amalafrida|Amalafreda]], irmá de Teodorico, ao que asociou ao trono. A pesar das malas accións e ambicións deste en Tuscia e da opinión desfavorable entre godos e romanos, tratou de utilizar a Teodato como un elemento de equilibrio na súa política, tranquilizando ao bando godo (pois era da liñaxe de Teodorico) e asegurando as boas relacións con imperio oriental.
[[Ficheiro:Isla Martana Lago Bolsena.jpg|miniatura|[[Illa Martana]], no Lago Bolsena; lugar onde fora confinada Amalasunta por Teodato.]]
Chamouno a Rávena e fíxoo xurar que ela non tería menoscabo do seu poder cando el se convertera en rei;<ref>Procopio de Cesarea (2007), p. 67</ref> Teodato botouse aos seus pés e xurou todo o que lle pediu<ref>Le Beau (1827), p. 290</ref> mais, contrariamente aos xuramentos, afastouna do poder despois de ter despedido aos seus servintes. Tamén espallou o rumor de que, Amalasunta, era a responsábel da sospeitosa morte da súa nai AudofledaAudefleda e tras acusala e perseguila dende Rávena, a recluiu nunha illa do Lago Bolsena.
 
Ante a crítica e a presión de Xustiniano por tela encarcerada, Teodato, fixo que escribise unha carta indicando que recibía bo trato na prisión e cando, Xustiniano, non contento coas explicacións mandou ao seu embaixador Pedro o Patricio para que se encontrase con Teodato en Rávena para ceibar a Amalasunta, Teodato permitiu que fora esganada no baño polos seus inimigos.<ref>{{Cita libro|título=Annales du Moyen Age|apelidos=|nome=|editorial=Libraire Lagier|ano=1825|ISBN=|ref=|volume=III|páxina=13}}</ref>
24.340

edicións

Menú de navegación