Pobo ojibwa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Homónimo
Liña 12: Liña 12:
|relacionados = [[Pobo odawa|Odawa]], [[Pobo potawatomi|potawatomi]], [[Pobo oji-cree|oji-cree]] e outros [[pobos algonquinos]]
|relacionados = [[Pobo odawa|Odawa]], [[Pobo potawatomi|potawatomi]], [[Pobo oji-cree|oji-cree]] e outros [[pobos algonquinos]]
}}
}}
Os '''ojibwa''', '''ojibwe''' ou '''chippewa''' son un [[Pobos indíxenas de América|pobo indíxena]] do grupo [[pobo anishinaabe|anishinaabe]] que habita en [[América do Norte]]. Viven no [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos]] e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do [[río Bravo]]. No Canadá, son a segunda das [[Primeiras Nacións]] por poboación, só superados polos [[pobo cree|cree]]. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos [[pobo navajo|navajo]], [[pobo cherokee|cherokee]] e os [[síux]].
Os '''ojibwa''', '''ojibwe''' ou '''chippewa''' son un [[Pobos indíxenas de América|pobo indíxena]] do grupo [[pobo anishinaabe|anishinaabe]] que habita en [[América do Norte]]. Viven no [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos]] e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do [[Río Grande, América do Norte|río Bravo]]. No Canadá, son a segunda das [[Primeiras Nacións]] por poboación, só superados polos [[pobo cree|cree]]. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos [[pobo navajo|navajo]], [[pobo cherokee|cherokee]] e os [[síux]].


Tradicionalmente, os ojibwa falan a [[lingua ojibwa]], unha lingua da familia [[Linguas algonquinas|algonquina]]. Forman parte do [[concilio de tres lumes]] e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos [[pobo algonquino|algonquino]], [[Pobo nipissing|nipissing]], [[pobo oji-cree|oji-cree]], [[Pobo odawa|odawa]] e [[Pobo potawatomi|potawatomi]].
Tradicionalmente, os ojibwa falan a [[lingua ojibwa]], unha lingua da familia [[Linguas algonquinas|algonquina]]. Forman parte do [[concilio de tres lumes]] e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos [[pobo algonquino|algonquino]], [[Pobo nipissing|nipissing]], [[pobo oji-cree|oji-cree]], [[Pobo odawa|odawa]] e [[Pobo potawatomi|potawatomi]].

Revisión como estaba o 23 de maio de 2020 ás 11:34

Pobo ojibwa
Xefe ojibwa Sha-có-pay.
Poboación
Poboación total:
170 742 nos Estados Unidos (2010)[1]
Rexións principais:
CanadáQuebec, Ontario e Manitoba
Estados Unidos de América Estados UnidosMíchigan, Wisconsin, Minnesota e Dacota do Norte
Aspectos culturais
LinguaLingua ojibwa, inglés e francés
RelixiónMidewiwin, catolicismo e metodismo
Grupos
relacionados
Odawa, potawatomi, oji-cree e outros pobos algonquinos

Os ojibwa, ojibwe ou chippewa son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita en América do Norte. Viven no Canadá e nos Estados Unidos e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do río Bravo. No Canadá, son a segunda das Primeiras Nacións por poboación, só superados polos cree. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos navajo, cherokee e os síux.

Tradicionalmente, os ojibwa falan a lingua ojibwa, unha lingua da familia algonquina. Forman parte do concilio de tres lumes e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos algonquino, nipissing, oji-cree, odawa e potawatomi.

A maioría dos ojibwa viven no Canadá. Hai 77 940 ojibwas; 76 760 saulteaux e 8 770 mississaugas, organizados en 125 bandas, que viven dende o oeste de Quebec até o leste da Columbia Británica. No ano 2010, os ojibwa dos Estados Unidos sumaban 170 742.[1]

Os ojibwa son coñecidos polas súas canoas de cortiza de bidueiro, a minaría e comercio de cobre e o cultivo de arroz salvaxe. A súa sociedade midewiwin é coñecida e respectada como gardiá da historia oral, cancións, mapas, recordos, historias, xeometría e matemáticas.[2]

Distribución dos falantes de ojibwa.

Notas

  1. 1,0 1,1 "CDC - American - Indian - Alaska - Native - Populations - Racial - Ethnic - Minorities - Minority Health". 2 de decembro deo 2012. 
  2. eMuseum @ Minnesota State University (ed.). "Anishinabe". Minnesota State University. Mankato. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 2010-03-16. 

Véxase tamén

Outros artigos