Paleolítico: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 4989099 de 88.27.28.140 (conversa) Etiqueta: Desfacer |
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
O '''Paleolítico''' ("pedra antiga" do [[grego antigo|grego]] ''παλαιός'' "antigo" e ''λίθος'' "pedra") é un período [[prehistoria|prehistórico]] correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do [[Neolítico]] (arredor do 10000 a.C.). |
O '''Paleolítico''' ("pedra antiga" do [[grego antigo|grego]] ''παλαιός'' "antigo" e ''λίθος'' "pedra") é un período [[prehistoria|prehistórico]] correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do [[Neolítico]] (arredor do 10000 a.C.). |
||
Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata |
Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 100 mil a.C.). (Na [[Europa]] e en lugares onde houbo [[glaciación]]s, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado [[Mesolítico]]). O Paleolítico coincide co final da [[época xeolóxica]] [[Plistoceno]] do [[período xeolóxico]] [[Neoxeno]]. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un [[Paleolítico Medio]] entre o Inferior e mais o Superior. |
||
O termo ''Paleolítico'' empregouno pola primeira vez polo historiador [[John Lubbock]]. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de [[Eolítico]]. |
O termo ''Paleolítico'' empregouno pola primeira vez polo historiador [[John Lubbock]]. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de [[Eolítico]]. |
Revisión como estaba o 21 de maio de 2020 ás 12:59
O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período prehistórico correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do Neolítico (arredor do 10000 a.C.).
Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 100 mil a.C.). (Na Europa e en lugares onde houbo glaciacións, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado Mesolítico). O Paleolítico coincide co final da época xeolóxica Plistoceno do período xeolóxico Neoxeno. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un Paleolítico Medio entre o Inferior e mais o Superior.
O termo Paleolítico empregouno pola primeira vez polo historiador John Lubbock. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de Eolítico.
Seres humanos do Paleolítico
Foi durante o Paleolítico que o Home sufriu as últimas alteracións fisiolóxicas que culminaran no Homo sapiens, que apareceu aproximadamente hai preto de 300 mil anos. Os homínidos pre-paleolíticos pertencían ao xénero Australophitecus; xa co desenvolvemento de instrumentos, diferénciase o xénero Homo. Ata recentemente considerábase que o Home era o único ser capaz de producir instrumentos, mais descubriuse que certos primates tamén os fabrican.
Entre as características principais do período, poden citarse a economía recolectora ou cazadora e mais o nomadismo. A partir do Homo erectus a caza desenvolveuse, co respectivo desenvolvemento de instrumentos de caza, feitos en madeira, ósos ou sílex. Vivindo en pequenos grupos dispersos por grandes territorios, os homes do Paleolítico completaron a difusión por todos os continentes hai preto de 350 mil anos. A organización grupal era fundamental para a caza.
Os rudimentos de linguaxe articulada evoluíron progresivamente a unha comunicación oral. Foi no Paleolítico cando o Home descubriu como producir o lume.
Os humanos do paleolítico producían pinturas en cavernas, que foron pola primeira vez atopadas por arqueólogos modernos na localidade española de Altamira, en 1879. Esas pinturas probabelmente tiñan a finalidade de maxia simpática.
Culturas paleolíticas
- Paleolítico Inferior: culturas Acheulense, Abbevilense e Clactonense.
- Paleolítico Medio: cultura Musteriense.
- Paleolítico Superior: culturas Auriñaciense, Perigordense, Solutrense e Magdaleniano.
Especies humanas
Os restos humanos achados son:
- Australopithecus
- Homo antecessor
- Homo ergaster
- Homo heidelbergensis
- Homo habilis
- Homo erectus
- Homo neanderthalensis: Home de Neanderthal
- Homo sapiens
- Homo sapiens fossilis - Homo sapiens arcaico
- Homo sapiens sapiens: Home de Cro-Magnon, home actual.
Os períodos paleolíticos acostuman a se referir a poboacións fóra de África e case sempre en Europa, onde comezan coa aparición do home de Neanderthal.