Saltar ao contido

Paleolítico medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paleolítico Medio»)
Paleolítico medio
Paleolítico Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Data de comezo
hai 300.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 30.000 anos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/04c5mp Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779117820 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX5252374
Wikidata C:Commons

O Paleolítico medio é un período da prehistoria caracterizado polo predominio da cultura musteriana e da técnica Levallois, que consisten en obter unha ou varias lascas de forma predeterminada, a partir dunha preparación particular do núcleo lítico. Abrangue aproximadamente entre os anos 130000 e 33000 a.C.

Visión lineal

[editar | editar a fonte]

Ao primeiro definiuse o Paleolítico medio pola existencia do Homo neanderthalensis, que se supuña unha especie intermedia entre o Homo erectus e o Homo sapiens sapiens. Posteriormente descubriuse que a evolución do xénero Homo ata o sapiens foi máis complexa, e que o H. neanderthalis no antecedeu ao a H. sapiens, senón que foi unha especie de orixe europea e que durante máis de 150 mil anos tivo unha existencia paralela co H. sapiens, orixinario de África. Non houbo pois un proceso lineal de evolución e a visión do Paleolítico medio resultou só ser certa para Europa e o norte de África.