J: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Véxase tamén: {{DRAG}} +lig. externas; arranxos lig. morta
Etiqueta: edición de código 2017
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
No [[alfabeto fonético internacional]], ['''j'''] representa o aproximante palatal.
No [[alfabeto fonético internacional]], ['''j'''] representa o aproximante palatal.


Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.


Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na [[táboa periódica]]. En [[física]] designa o [[joule]].
Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na [[táboa periódica]]. En [[física]] designa o [[joule]].

Revisión como estaba o 19 de maio de 2020 ás 13:14

Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal.

Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.

Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na táboa periódica. En física designa o joule.

Historia

En orixe no alfabeto latino era só unha letra maiúscula, o escolar humanista Pierre de la Ramée foi o primeiro en distinguir I e J. En latín a pronuncia do I e J era [i], [i:] ou [j], pero as linguas romances desenvolveron novos sons que foron representados como I e J.

Xeroglífico
(Fonograma de i)
Escritura hierática
(Fonograma de i)
Proto-Semítico
Y
Fenicio
Y
Grego
iota
Etrusco
I
Latín
I
Latín
J
Latín moderno
Jj
i

En portugués, o son utilizado para a letra J é o /ʒ/ (jarro, janela, jota), así como no francés e no romanés. En castelán o J pronuncia-se /x ~ h/ (como ajo, allo); este son desenvolveuse a partir do son /dʒ/. En todas as linguas xermánicas, exceptuando o inglés que utiliza /dʒ/ (just), o son utilizado para a letra J é o /j/ (como ja en alemán ou como no ditongo i no verbo aboiar). Este feito tamén se verifica en albanés, e nas linguas urálicas e eslavas que utilizan o alfabeto latino, como por exemplo en húngaro, finlandés, estoniano, polaco e checo. Tamén o serbio, lingua eslava, adoptou o J no seu alfabeto cirílico, co mesmo propósito. Foi debido a este padrón lingüístico, que a letra minúscula /j/ foi adoptada pola Asociación Fonética Internacional, como representante deste son.

Na lingua italiana moderna, apenas palabras en latín ou palabras estranxeiras teñen a letra J. Até ao século XIX, o J era utilizado en vez do I en ditongos como substituto para o último –ii e en grupos vocais como en Savoja.

Lingüistas da Alemaña e da Europa Central tamén utilizaron o J nalgunhas transliteracións, de linguas eslavas que utilizan o alfabeto cirílico. En particular, o "Е" en ruso é ás veces transliterado para "je", o "Я" é transliterado para "ja" e o carácter "Ю" para "ju".

Representacións alternativas

En alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Juliet. En código Morse é: ·---

Véxase tamén

Ligazóns externas