Pobo ojibwa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34: Liña 34:


{{ORDENAR:Ojibwa}}
{{ORDENAR:Ojibwa}}
[[Categoría:Pobo ojibwa| ]]
[[Categoría:Pobos algonquinos]]
[[Categoría:Pobos algonquinos]]
[[Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América]]

Revisión como estaba o 2 de maio de 2020 ás 21:18

Pobo ojibwa
Xefe ojibwa Sha-có-pay.
Poboación
Poboación total:
170 742 nos Estados Unidos (2010)[1]
Rexións principais:
CanadáQuebec, Ontario e Manitoba
Estados Unidos de América Estados UnidosMíchigan, Wisconsin, Minnesota e Dacota do Norte
Aspectos culturais
LinguaLingua ojibwa, inglés e francés
RelixiónMidewiwin, catolicismo e metodismo
Grupos
relacionados
Odawa, potawatomi, oji-cree e outros pobos algonquinos

Os ojibwa, ojibwe ou chippewa son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita en América do Norte. Viven no Canadá e nos Estados Unidos e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do río Bravo. No Canadá, son a segunda das Primeiras Nacións por poboación, só superados polos cree. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos navajo, cherokee e os síux.

Tradicionalmente, os ojibwa falan a lingua ojibwa, unha lingua da familia algonquina. Forman parte do concilio de tres lumes e dos anishinaabeg, que inclúen os pobos algonquino, nipissing, oji-cree, odawa e potawatomi.

A maioría dos ojibwa viven no Canadá. Hai 77 940 ojibwas; 76 760 saulteaux e 8 770 mississaugas, organizados en 125 bandas, que viven dende o oeste de Quebec até o leste da Columbia Británica. No ano 2010, ojibwa dos Estados Unidos sumaban 170,742.[1]

Os ojibwa son coñecidos polas súas canoas de cortiza de bidueiro, a minaría e comercio de cobre e o cultivo de arroz salvaxe. A súa sociedade midewiwin é coñecida e respectada como gardiá da historia oral, cancións, mapas, recordos, historias, xeometría e matemáticas.[2]

Distribución dos falantes de ojibwa.

Notas

  1. 1,0 1,1 "CDC - American - Indian - Alaska - Native - Populations - Racial - Ethnic - Minorities - Minority Health". 2 de decembro deo 2012. 
  2. eMuseum @ Minnesota State University (ed.). "Anishinabe". Minnesota State University. Mankato. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 2010-03-16. 

Véxase tamén

Outros artigos