Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 19: | Liña 19: | ||
* ''La propiedad foral en Galicia'' (1888). |
* ''La propiedad foral en Galicia'' (1888). |
||
* ''La libertad de prensa'' (1902). |
* ''La libertad de prensa'' (1902). |
||
* ''Estudios sobre emigración'' (1908).<ref>Reeditado en 2020 polo [[Consello da Cultura Galega]].</ref> |
* ''Estudios sobre emigración'' (1908).<ref>Reeditado en 2020 polo [[Consello da Cultura Galega]] [https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/edicion-facsimilar-recupera-estudio-emigracion-eduardo-vicenti/idEdicion-2020-01-10/idNoticia-1223061/].</ref> |
||
* ''La educación popular: memoria'' (1911). |
* ''La educación popular: memoria'' (1911). |
||
* ''Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria'' (1916). |
* ''Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria'' (1916). |
||
* ''El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria'' (1917). |
* ''El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria'' (1917). |
||
== Notas == |
|||
{{Listaref}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2020 ás 10:57
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1855 A Coruña, España |
Morte | 4 de abril de 1924 (68 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Alcalde de Madrid | |
28 de xuño de 1905 – 15 de xuño de 1906 ← Gonzalo Figueroa y Torres – Alberto Aguilera → | |
Alcalde de Madrid | |
19 de xuño de 1903 – 2 de novembro de 1913 ← Joaquín Ruíz Giménez – Luis Marichalar y Monreal (pt) → | |
Deputado das Cortes | |
1886 – 1889 | |
Concelleiro de Madrid | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista , político , telegrafista |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parentes | Eugenio Montero Ríos (sogro) Manuel García Prieto (concunhado (pt) ) Benito Calderón Ozores (concunhado (pt) ) |
Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.
Biografía
Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.
Obras
- Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
- Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
- La propiedad foral en Galicia (1888).
- La libertad de prensa (1902).
- Estudios sobre emigración (1908).[1]
- La educación popular: memoria (1911).
- Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
- El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).
Notas
- ↑ Reeditado en 2020 polo Consello da Cultura Galega [1].
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Vincenti |