Franco CFA: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
m Desfixéronse as edicións de 193.56.245.63 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0 Etiqueta: Reversión |
||
Liña 64: | Liña 64: | ||
Desde o [[1 de xaneiro]] de [[1999]], o franco CFA está fixado ao euro (un euro vale 655,957 francos CFA). O Tesouro [[Francia|francés]] (non a [[Unión Europea]]) segue '''garantindo a convertibilidade''' do franco CFA. |
Desde o [[1 de xaneiro]] de [[1999]], o franco CFA está fixado ao euro (un euro vale 655,957 francos CFA). O Tesouro [[Francia|francés]] (non a [[Unión Europea]]) segue '''garantindo a convertibilidade''' do franco CFA. |
||
Em 16 e 17 de fevereiro de 2017, os "Estados Gerais do Franco CFA" foram realizados em Bamako. Eles foram organizados pelo economista e ex-ministro das Finanças togolês Kako Nubukpo com o objetivo de encontrar uma nova moeda capaz de substituir a antiga moeda colonial. |
|||
Em abril de 2019, Bruno Le Maire, ministro das Finanças da França, disse sobre o franco CFA que "a Zona do Franco é estabilidade para os países membros africanos, uma maneira de combater a inflação e uma área que permite o desenvolvimento". econômico em boas condições. A França está aberta a reformas nesta área, mas cabe aos Estados-Membros decidir." |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 11 de setembro de 2019 ás 15:08
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
O franco CFA (franco da Comunidade Financeira de África; en francés franc de la Communauté Financière d’Afrique) é a moeda común de 14 países africanos, case todos eles antigas colonias francesas (coa excepción de Guinea Ecuatorial, antiga colonia española, e Guinea-Bissau, antiga colonia portuguesa).
Franco CFA de África Occidental
Franco CFA de África Central
Historia
As Illas Comoras, no océano Índico están asociadas ao franco CFA, dentro da zona franco (franco comorano).
O franco CFA foi creado ao mesmo tempo que o franco CFP, o 26 de decembro de 1945, cando Francia ratificou os acordos de Bretton Woods. Naquel momento as súas siglas significaban franco das Colonias Francesas de África.
Sen cambiar de siglas, o nome evolucionou a franco da Comunidade Francesa de África en 1958, e hoxe significa franco da Comunidade Financeira de África, dentro da UEMOA, e franco da Cooperación Financeira en África Central, dentro da CEMAC. A existencia de dúas apelacións distintas evidencian a división da zona do franco en dúas: desde 1993, senllos institutos de emisión (o BCEAO, Banco Central dos Estados de África do Oeste, e o BEAC, Banco dos Estados de África Central) non intercambian xa as súas respectivas moedas.
Os acordos que vinculan os dous bancos centrais africanos coas autoridades francesas son idénticos e están baseados nas seguintes cláusulas:
- Un tipo de cambio fixo fronte ao franco francés.
- Plena convertibilidade das súas moedas en francos franceses garantida polo Tesouro francés.
- Fondo común de reservas de moeda estranxeira no que participan todos os países da CFA (polo menos o 65 % das posicións en reservas depositadas no Tesouro francés, onde se lles concede unha garantía de tipos de cambio).
- Como contrapartida á convertibilidade, dáse participación ás autoridades francesas na definición da política monetaria na zona CFA.
O franco CFA tiña unha paridade fixa con respecto ao franco francés, agás escasos momentos puntuais: a desvalorización do franco francés o 17 de outubro de 1948 (o franco CFA pasa de 1,70 FF a 2 FF ), a chegada do novo franco o 27 de decembro de 1958 (a paridade nominal pasa de 2 FF a 0,02 novos FF, é dicir que non hai ningunha desvalorización), e o 12 de xaneiro de 1994 a desvalorización repentina do franco CFA do 50 % (pasa de 0,02 FF a 0,01 FF), imposta por Francia e apoiada polas institucións financeiras internacionais (FMI e Banco Mundial). Esta desvalorización non resolveu os problemas económicos da rexión.
Desde o 1 de xaneiro de 1999, o franco CFA está fixado ao euro (un euro vale 655,957 francos CFA). O Tesouro francés (non a Unión Europea) segue garantindo a convertibilidade do franco CFA.