Bilurico fino: Diferenzas entre revisións
Liña 26: | Liña 26: | ||
== Distribución == |
== Distribución == |
||
É unha especie [[migración das aves|migratoria]], e a maioría das aves invernan en [[África]] e [[India]] e uns poucos migran ao [[sueste asiático]] e [[Australia]]. Prefiren invernar a zonas húmidas de augs doces, como [[pantano]]s e [[lago]]s e vense xeralmente sós ou en pequenos grupos. |
É unha especie [[migración das aves|migratoria]], e a maioría das aves invernan en [[África]] e [[India]] e uns poucos migran ao [[sueste asiático]] e [[Australia]]. En [[Galicia]] é unha ave accidental.<ref name=Penas/> Prefiren invernar a zonas húmidas de augs doces, como [[pantano]]s e [[lago]]s e vense xeralmente sós ou en pequenos grupos. |
||
[[Ficheiro:Tringa stagnatilis MWNH 0206.JPG|miniatura|Ovos desta especie na colección do [[Museo de Wiesbaden]].]] |
[[Ficheiro:Tringa stagnatilis MWNH 0206.JPG|miniatura|Ovos desta especie na colección do [[Museo de Wiesbaden]].]] |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
Estas aves aliméntanse sondando co bico en augas pouco profundas ou en lama húmida. Comen principalmente insectos e outras presas similares pequenas. |
Estas aves aliméntanse sondando co bico en augas pouco profundas ou en lama húmida. Comen principalmente insectos e outras presas similares pequenas. |
||
É unha das especies ás que se lle aplica o ''Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas |
É unha das especies ás que se lle aplica o ''Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Africano-euroasiático'' ([[AEWA]]). |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 11 de agosto de 2019 ás 22:03
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 4 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Bilurico fino | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe invernal | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución de T. stagnatilis Área reprodutora Área non reprodutora De paso Errante (estacionalidade incerta)
|
O bilurico fino[2][3] (Tringa stagnatilis) é un pequeno limícola. É un bilurico bastantge pequeno que se reproduce en estepas herbosas abertas e taigas en zonas húmidas desde o extremo leste de Europa ata Asia central. O nome do xénero Tringa é a palabra neolatina coa que Aldrovandus nomeou o Tringa ochropus en 1599 baseándose na palabra do grego antigo trungas, unha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico, stagnatilis, procede do latín stagnum, 'pantano'.[4]
Descrición
Lembra un pequeno e elegante bilurico claro (Tringa nebularia), cun bico fino e longo e unhas patas amareladas moi longas. Igual que o bilurico claro é de cor marrón cincenta en plumaxe reprodutora, máis claro en inverno, e ten unha cuña de cor branca no seu dorso que é visible en voo. Porén, está máis emparentado co bilurico escuro (Tringa ochropus) e o bilurico claro (T. nebularia).[5] Todos eles en conxunto forman o grupo de biluricos máis ben pequenos que adoitan ter patas vermellas ou avermelladas e en plumaxe reprodutora son xeralmente dunha tenue cor marrón clara pola parte superior con algunhas manchas escuras, cun padrón de manchas amarronadas pequenas algo difusas en peito e pescozo. A lonxitude é de 22 a 26 cm, a envergadura alar é de 55 a 59 cm e pesan de 45 a 120 g.[6]
Distribución
É unha especie migratoria, e a maioría das aves invernan en África e India e uns poucos migran ao sueste asiático e Australia. En Galicia é unha ave accidental.[3] Prefiren invernar a zonas húmidas de augs doces, como pantanos e lagos e vense xeralmente sós ou en pequenos grupos.
Estas aves aliméntanse sondando co bico en augas pouco profundas ou en lama húmida. Comen principalmente insectos e outras presas similares pequenas.
É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Africano-euroasiático (AEWA).
Notas
- ↑ "Tringa stagnatilis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 364, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Alan J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
- ↑ "Marsh Sandpiper". Oiseaux-birds.com. Consultado o 2011-10-19.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilurico fino |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico fino |
Ligazóns externas
- Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds
- Folla de datos de BirdLife species para Tringa stagnatilis
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Bilurico fino na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Bilurico fino en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa stagnatilis en IUCN Red List maps
- Tringa-stagnatilis - Gravacións de sons de Marsh sandpiper en Xeno-canto.
- Tringa stagnatilis en Flickr: Field Guide Birds of the World