Limoges CSP: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
| cores = {{color box|#2E8B57}} {{color box|#FFFFFF}} {{Color box|#FFD700}} [[Verde]], [[branco]], [[ouro]]
| cores = {{color box|#2E8B57}} {{color box|#FFFFFF}} {{Color box|#FFD700}} [[Verde]], [[branco]], [[ouro]]
| presidente = {{FRAb}} Youri Verieras
| presidente = {{FRAb}} Youri Verieras
| adestrador = {{FRAb}} Kyle Milling
| adestrador = {{ESPb}} Alfred Julbe
| nome_campionato_europa1 = [[Euroliga]]
| nome_campionato_europa1 = [[Euroliga]]
| campionatos_europa1 = '''1''' (1993)
| campionatos_europa1 = '''1''' (1993)

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2019 ás 21:13

Limoges CSP
Ficheiro:Logo CSP Limoges 1929.svg
Información xeral
Liga Pro A / EuroCup
Fundación 1929
Cores                Verde, branco, ouro
Presidente Francia Youri Verieras
Adestrador España Alfred Julbe
Patrocinador Intermarché
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Francia Limoges, Francia
Pavillón Palais des Sports de Beaublanc
Capacidade 5.516
Inauguración 1981
Campionatos
Euroliga 1 (1993)
Recopa 1 (1988)
Copa Korać 3 (1982, 1983, 2000)
Liga 11 (1983−1985, 1988−1990, 1993−1994, 2000, 2014−2015)
Copa 6 (1982−1983, 1985, 1994−1995, 2000)
Supercopa 1 (2012)
limogescsp.com

O Limoges Cercle Saint-Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín. O club foi fundado en 1929 e viviu os seus mellores momentos nas décadas de 1980 e 1990, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Actualmente compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés, e na EuroCup.

Historia

O Limoges Cercle Saint-Pierre foi fundado en 1929, con todo, non comeza a ser un equipo exitoso até a década de 1980, cando en 1981 gaña o seu primeiro título importante: a Copa de Francia. A partir desta data o club comeza a gañar con asiduidade os títulos de campión de Liga e de Copa no seu país, alén de destacar en competicións europeas. De feito, foi o primeiro equipo galo en gañar o máximo título europeo en calquera deporte ao conseguir a Euroliga en 1993. Porén, o equipo xa gañara anos antes varios títulos continentais, como dúas Copas Korać, en 1982 en 1983, ambas ante o Šibenka Šibenik (90–84 e 94–86), e unha Recopa en 1988 ante o Joventut Badalona (96–89). Posteriormente, no ano 2000, gaña de novo a Korać, esta vez ante o Unicaja Málaga (80–58 e 51–60).

A nivel local, na temporada 1999–00 o Limoges conseguía gañar o seu noveno título de Liga, con todo, sería descendido ao final da temporada á LNB Pro B por problemas financeiros. O equipo só permanece un ano na segunda división, máis o seu retorno á máxima categoría sería breve, descendendo de novo en 2004. De feito, ao comeza a temporada 2004–05 o Limoges xogaba na NM1, a terceira categoría. Desde esa temporada o club tardaría seis anos en volver á elite, aparecendo fugazamente na primeira división en 2011 para volver a descender. Con todo, o club regresa á Por A ao ano seguinte volvendo ás súas vellas glorias o conseguir en 2014 o seu décimo título de liga tras vencer ao Strasbourg IG por 0–3 na final.[1]

Debido ao título de liga o club sería invitado para xogar a Euroliga 2014–15, no que sería o seu retorno a máxima competición europea tras dezasete anos de ausencia. Con todo, o retorno non sería destacábel, xa que o Limoges perdería 8 dos 10 partidos disputados, gañando unicamente ao Unics Kazan e ao Cedevita, antes de ser relegados á Eurocup, onde foi tamén rapidamente eliminado. No campionato local o club volve facerse co título de campión. Durante a fase regular o Limoges quedaría clasificado en terceiro lugar tras o JSF Nanterre e o Strasbourg, porén o club consegue chegar á final. Na final, o club do Lemosín vence de novo ao Strasbourg, esta vez por 1-3.

Uniformes

Pavillón

Artigo principal: Palais des Sports de Beaublanc.

O Palacio de Deportes Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén de outros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.

Xogadores

Cadro actual

Limoges CSP 2015−2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 3 Culpepper, Randy 1,83 m (6 ft 0 in) 75 kg (165 lb) Krasny Oktyabr (2015)
A 5 Polonia Wojciechowski, Mathieu 2,03 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) ESSM Le Portel (2015)
AP 6 Daniels, Will 2,03 m (6 ft 8 in) 104 kg (229 lb) Mets de Guaynabo (2015)
E 8 Gattens, Matt 1,96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) Ankara Kolejliler (2015)
B 9 Francia Westermann, Leo 1,98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) FC Barcelona (2014)
E-A 11 Payne, Mark 2,03 m (6 ft 8 in) 104 kg (229 lb) Châlons-Reims (2015)
AP 12 Francia Camara, Ousmane 2,02 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) BCM Gravelines (2014)
P 14 Costa do Marfil Zerbo, Fréjus 2,09 m (6 ft 10 in) 125 kg (276 lb) BCM Gravelines (2011)
A 16 Francia Boungou Colo, Nobel 2,02 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) Le Mans (2012)
P 24 Francia Traoré, Ali 2,08 m (6 ft 10 in) 113 kg (249 lb) Strasbourg IG (2015)
Adestrador
  • Francia Philippe Hervé
Asistente(s)
  • Francia Jim Bilba
  • Francia Bertrand Parvaud

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 16-09-2015

Palmarés

Os seareiros do Limoges celebrando o título de Liga de 2015.

Competicións europeas

  • Euroliga
    • Campións (1): 1992−93
    • F4 3º posto (1): 1989−90
    • F4 4º posto (1): 1994−95
  • Copa Saporta
    • Campións (1): 1987−88
  • Copa Korać
    • Campións (3): 1981−82, 1982−83, 1999−00
    • Subcampións (1): 1986−87

Competicións domésticas

  • Liga de Francia
    • Campións (11): 1982−83, 1983–84, 1984–85, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1992–93, 1993–94, 1999−00, 2013−14, 2014−15
  • Copa de Francia
    • Campións (6): 1981−82, 1982–83, 1984–85, 1993–94, 1994–95, 1999−00
  • Leaders Cup
    • Campións (2): 1987−88, 1989–90
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2012
  • Segunda Divisón de Francia
    • Campións (2): 2000−01, 2011–12

Non oficial

Históricos

Xogadores

Adestradores

Notas

  1. "Basket: Limoges, retour d'un historique". Metronews.fr (en francés). 6 de xuño de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas