ESSM Le Portel
ESSM Le Portel | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale |
Liga | Pro A |
Alcume | ESSM |
Fundación | 1931 |
Cores | Verde, gris, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Le Chaudron |
Capacidade | 3.500 |
Inauguración | 28 de novembro de 2015 |
essm-basket.fr |
O Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale, xeralmente abreviado ESSM ou Le Portel, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Portel, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. O seu pavillón é Le Chaudron, recinto con capacidade para 3.500 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
A sociedade deportiva Étoile Sportive Saint-Michel foi fundada no ano 1928, sendo o baloncesto unha das súas seccións. Durante a maior parte da súa historia competiu en categorías inferiores do baloncesto francés. Na temporada 2006−07 o equipo finaliza na segunda posición da Nationale 1, o que lle serve para ascender á LNB Pro B, segunda categoría profesional gala. Na temporada 2014−15 o ESSM consegue chegar á final da Copa de Francia tras vencer a equipos de Pro A como Le Mans, Le Havre, ASVEL Lyon-Villeurbanne e Limoges CSP, actuais campións. Na final, porén, perden por 74−87 ante o SIG Strasbourg. Na temporada 2015−16, o Le Portel consegue un fito ao ascender por vez primeira á Pro A.[1] Na súa primeira temporada na máxima cateogría o equipo consegue xogar os play-offs polo título tras finalizar sétimos en liga regular. Porén, nas eliminatorias perden en primeira rolda ante o Élan Chalon, equipo que posteirormente gaña a campetición. Isto serve para que na temporada 2017–18 o equipo debute en competicións europeas, xogando a FIBA Europe Cup, na que chegan até cuartos de final, onde perden ante os Bakken Bears dinamarqueses.
Ano a ano[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013–14 | 2 | Pro B | 5th | Rolda de 32 | |||||
2014–15 | 2 | Pro B | 9º | Subcampión | |||||
2015–16 | 2 | Pro B | 2º | Rolda de 32 | |||||
2016–17 | 1 | Pro A | 8º | Cuartos de final | |||||
2017–18 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 16 | 4 FIBA Europe Cup | CF | 14–1–3 |
Pavillóns[editar | editar a fonte]
Os seguintes son algúns dos pavillóns que ten utilizado o ESSM LE Portel como local:
- Georges Carpentier (2003–2007)
- Salle Damrémont (2007–2013)
- Lycée Giraux-Sannier (2013–2015)
- Le Chaudron (2015–presente)
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Magdelaine, Emmanuel (11 de xuño de 2016). "Basket: Le Portel en Pro A" (en francés).