Champagne Châlons Reims Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Champagne Châlons-Reims Basket")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Champagne Basket
Gary Florimont.jpg
Información xeral
Nome Champagne Châlons-Reims Basket
Liga Pro A
Alcume CCRB
Fundación 2010
Cores                Azul, branco, ouro
Presidente Francia Michel Gobillot
Adestrador Francia Cédric Heitz
Localización
Cidade Francia Reims-Châlons, Francia
Pavillón Complexe René-Tys (Reims, 3000)
P.S. Coubertin (Châlons, 2.791)
Inauguración 1986
ccrbasket.com

O Champagne Châlons Reims Basket, coñecido como CCRB, é un club profesional de baloncesto francés con sede nas cidades de Reims e Châlons-en-Champagne, ambas situadas na rexión do Gran Leste. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. Ao compartir sede, dispta os seus partidos como local Disputa no Complexe René-Tys de Reims, con capacidad para 3.000 espectadores e no Palais des Sports Pierre-de-Coubertin de Châlons-en-Champagne, con capacidad para 2.791 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en xuño de 2010, o Champagne Châlons Reims Basket, ou "CBRC", naceu da unión de dous clubes profesionales de baloncesto, o ESPE Basket Châlons-en-Champagne e o Reims Champagne Basket (RCB), tras ascender este último da Nationale 1 á Pro B.[1] Así, dous históricos rivais da rexión da Champaña combinaron forzas para crear un equipo máis competitivo e financieiramente estábel no baloncesto profesional.

Durante a tempada 2011−12, o Châlons-Reims fixo unha boa temporada ao terminar terceiro na Pro B, destacando a prestixiosa vitoria sconseguida no pavillón de Beaublanc contra Limoges CSP (77-82). Nas eliminatorias polo ascenso o club chega ás semifinais, onde é derrotado polo Boulazac. No ano seguinte, o CCRB finalizou en terceiro lugar, chegando a disputar a final dos playoffs polo ascenso, onde perderon contra o Antibes Sharks. Na seguinte temporada, após liderar o campionato durante case a metade da liga regular, o equipo foi eliminado de novo nos play-offs, esta vez en semifinais ante o Poitiers. Porén, debido á ampliación do número de equipos da Pro A de 16 a 18, o equipo é invitado a xogar na máxima categoría.

Ano a ano[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa
2010–11
2
Pro B
10º
Rolda de 64
2011–12
2
Pro B
Rolda de 32
2012–13
2
Pro B
Rolda de 64
2013–14
2
Pro B
Rolda de 64
2014–15
1
Pro A
12º
Rolda de 32
2015–16
1
Pro A
15º
Rolda de 32
2016–17
1
Pro A
16º
Oitavos de final
2017–18
1
Pro A
14º
Oitavos de final

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Champagne Châlons Reims Basket". ccrbasket.com (en francés). Consultado o 14 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]