Hans Holbein o Novo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Influenciado por Matthias Grünewald
Liña 63: Liña 63:
Ficheiro:Hans_Holbein_d._J._032b.jpg|[[Xoana Seymour]]
Ficheiro:Hans_Holbein_d._J._032b.jpg|[[Xoana Seymour]]
Ficheiro:AnneCleves.jpg|[[Ana de Cleves|Ana de Clèves]]
Ficheiro:AnneCleves.jpg|[[Ana de Cleves|Ana de Clèves]]
Ficheiro:Hans_Holbein_d._J._074.jpg|[[Henrique VIII de Inglaterra]]
Ficheiro:Enrique VIII de Inglaterra, por Hans Holbein el Joven.jpg|[[Henrique VIII de Inglaterra]]
Ficheiro:Hans Holbein d. J. 065.jpg|[[Thomas More]]
Ficheiro:Hans Holbein d. J. 065.jpg|[[Thomas More]]
Ficheiro:Hans Holbein d. J. 072.jpg |Retrato dun músico
Ficheiro:Hans Holbein d. J. 072.jpg |Retrato dun músico

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2019 ás 11:01

Modelo:Pintor

Hans Holbein o Novo foi un pintor e gravador alemán, nado en Augsburgo quizais en 1497 e morto en Londres o 29 de novembro de 1543.

Traxectoria

Fillo segundo do pintor Hans Holbein o Vello (ca. 1465 - 1524), era irmán menor do tamén pintor Ambrosius Holbein (ca. 1493/94 - ca. 1519), xunto ao cal aprendeu no obradoiro paterno.

Etapa suíza

En 1515, a súa familia asentouse en Basilea, un dos núcleos do humanismo, onde se relacionou con Erasmo de Rotterdam. De 1516 a 1526, estivo a traballar para a alta burguesía de mercadores, e executa retratos, composicións de temas relixiosos, decoracións murais, cartóns par vitrais e máis gravuras. De aí que o Kunstmuseum da cidade (Museo de arte de Basilea) posúa a máis importante colección mundial de obras da familia Holbein. En tanto, influenciado por Matthias Grünewald, o seu estilo abriuse aos conceptos novidosos da Renacemento italiano.

Etapa inglesa

En 1526, fuxindo da Reforma protestante, marchou para Londres, sendo recomendado por Erasmo a Thomas More. Esa época constituíu o apoxeo na súa carreira. Realizou de aquelas un proxecto de arco de triunfo para celebrar a entrada de Anne Boleyn en Londres e pintou o famoso cadro Os embaixadores en 1533. Este cadro de Os Embaixadores posúe características especiais. Unha parte desta obra está realizada consonte o procedemento do anamorfismo[1]. Así, se a nosa mirada se coloca con relación á parte esquerda do cadro, vemos aparecer un cranio humano en medio dos dous personaxes. A presenza do cranio torna a obra nun "memento mori", unha "vanitas", que chama á humildade: o embaixadores retratados eran así convidados a lembrar que eran tan mortais como calquera.

No 1536, nomeado como pintor de cámara do rei Henrique VIII de Inglaterra, converteuse no retratista oficial da corte de Inglaterra. En 1543, en plena gloria, faleceu a causa de ter contraído a peste.

Foi un retratista que buscaba, por detrás das aparencias, as expresións significativas dos rostros. Tentou tamén de ás tradicións góticas as novas tendencias humanistas.

Anecdotario

Fiódor Dostoievski, grande admirador de Holbein, ficou impresionado cando veu en Basilea o seu cadro O corpo de Cristo morto na tumba; segundo a súa opinión «este cadro pode facer perder a fe ». Tanto o turbou a obra que fixo unha longa descrición do mesmo no O Idiota.

Obras

Galería

Notas

  1. Anamorfose: imaxe que aparece cando se cambia o ángulo de visión

Véxase tamén