Óblast: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
* ''Voblasts'' en [[Subdivisións de Belarús|Belarús]] |
* ''Voblasts'' en [[Subdivisións de Belarús|Belarús]] |
||
* ''Oblys'' en [[Subdivisións de Casaquistán|Casaquistán]] |
* ''Oblys'' en [[Subdivisións de Casaquistán|Casaquistán]] |
||
* ''Óblast'' en [[Subdivisións de |
* ''Óblast'' en [[Subdivisións de Kirguizistán|Kirguizistán]] |
||
* ''Viloyat'' en [[Subdivisións de Taxiquistán|Taxiquistán]] |
* ''Viloyat'' en [[Subdivisións de Taxiquistán|Taxiquistán]] |
||
* ''Welayat'' en [[Subdivisións de |
* ''Welayat'' en [[Subdivisións de Turkmenistán|Turkmenistán]] |
||
* ''Viloyat'' en [[Subdivisións de |
* ''Viloyat'' en [[Subdivisións de Uzbekistán|Uzbekistán]] |
||
''Viloyat'' e ''welayat'' proveñen do [[lingua árabe|árabe]] ''[[wilaya]]''. |
''Viloyat'' e ''welayat'' proveñen do [[lingua árabe|árabe]] ''[[wilaya]]''. |
Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2019 ás 19:35
Unha óblast/oblast ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en belaruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.
Actualmente as óblast están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".
En Belarús utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).
Óblasts de Bulgaria
Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas óblast.
Óblast na Unión Soviética e estados sucesores
Na extinta Unión Soviética, as óblasts estaban dous chanzos por debaixo do nivel nacional (estando por encima a República Soviética). Algunhas óblast da República Socialista Soviética da Federación Rusa tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.
Nas repúblicas postsoviéticas, a óblast está un nivel por debaixo do nacional e debúllanse ademais en distritos chamados raión (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha óblast, estando no mesmo nivel que un raion.
As óblast noutros países postsoviéticos chámanse oficialmente oficialmente:
- Voblasts en Belarús
- Oblys en Casaquistán
- Óblast en Kirguizistán
- Viloyat en Taxiquistán
- Welayat en Turkmenistán
- Viloyat en Uzbekistán
Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |