Sadurniño de Tolosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"
m Introduciendo ficha
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Saturninus_vignay.jpg|250px|miniatura|Miniatura do [[século XIV]] co martirio do santo.]]
[[Ficheiro:Saturninus_vignay.jpg|250px|miniatura|Miniatura do [[século XIV]] co martirio do santo.]]



Revisión como estaba o 21 de outubro de 2018 ás 12:57

Infotaula de personaSadurniño de Tolosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Patras, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 257 Editar o valor em Wikidata
Tolosa Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica Saint-Sernin de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa29 de novembro Editar o valor em Wikidata
Miniatura do século XIV co martirio do santo.

Sadurniño de Tolosa, finado en Tolosa (Francia) no ano 257, foi un misioneiro romano que predicou nas Galias, os Pireneos e a península Ibérica. Foi o primeiro bispo de Tolosa, onde foi martirizado polos pagáns segundo as Actas de Surio, aínda que outras testemuñas, coñecidas como as Actas de San Sadurniño sitúano no século I.

Traxectoria

A súa vida baséase en fontes tardías, como a Passio Saturnini do século V, que a presentan repleta de lendas e feitos inverosímiles. Así, as actas antigas que utiliza Gregorio de Tours na súa obra, considérano orixinario de Patras (Grecia) e sitúano moito antes, no século I, como discípulo directo de Xesús en Galilea e acompañante de San Pedro a Antioquía e Roma.

Parece que Sadurniño predicou nunha zona da Galia a mediados do século III e que cara ao ano 250 era o líder da comunidade cristiá, e como tal foi elixido primeiro bispo de Tolosa, no consulado de Decio e Grato. Probablemente era un dos "Apóstolos dos galos" que enviou o papa Fabiano cara ao ano 250 a cristianizar a Galia.

En Tolosa xa había algúns cristiáns e conseguiu converter uns poucos máis. Tamén construíu un pequeno templo onde cada día celebraba misa. Para chegar a este templo pasaba por diante do capitolio da cidade, onde había un templo pagán. Parece que houbo confrontacións entre Sadurniño e os sacerdotes pagáns, que o obrigaron a facer un sacrificio aos deuses, cousa que se negou a facer, polo cal foi encarcerado e condenado a morte: foi ligado a un touro bravo que o arrastrou polas rúas ata a morte.

Lenda de Pamplona

Sen fundamento histórico, atribúese a Sadurniño o bautismo de Honesto, a quen coñecería a comezos do súa predicación, en Nimes. Xuntos, continuaron a viaxe; en Carcasona, o prefecto romano encarcerounos pero un anxo liberounos. Honesto continuou ata Pamplona, desde onde chamou a Sadurniño. Cando chegou, converteron o senador romano Firme e a súa esposa, entre outros cidadáns. O fillo do senador, Fermín, sería despois o bispo de Amiens e canonizado sería San Fermín. Honesto foi martirizado na cidade e Sadurniño, con quen será o seu sucesor, Hilario, marchou cara ao norte, ata chegar a Tolosa.

É posible que a lenda se crease para xustificar que San Sadurniño sexa o patrón da cidade, ademais de relacionalo tamén coa historia de San Fermín.

Veneración

A súa festa celébrase o 29 de novembro. É patrón de Pamplona, Tolosa (Francia) e Cagliari (Italia), ademais doutras localidades españolas como Artajona (Navarra), Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona) ou Sant Sadurní d'Osormort (Barcelona).