Diferenzas entre revisións de «Comportamento»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
=== O comportamento nos animais ===
==== O comportamento en mamíferos ====
O comportamento dos [[mamíferos]] pode ser moi complexo. Prodúcese grazas a estruturas e [[Órgano (anatomía)|órganosórgano]]s especializados, altamente organizados: [[esqueleto]] articulado, [[músculo]]s e un sistema nervioso especializado. O estudo do comportamento dos mamíferos ten aspectos [[Etoloxía|etolóxicos]], [[Ecoloxía|ecolóxicos]], [[Bioquímica|bioquímicos]], [[Fisioloxía|fisiolóxicos]], [[Proteómica|proteómicos]], [[patoloxía|patolóxicos]], [[xenética molecular|xeneticomoleculares]] e [[Evolución|evolutivos]].<ref name="MBE">{{Cita web|url = http://www.liv.ac.uk/info/research/mammalian/|título = Mammalian Behaviour and Evolution|lingua = inglés|dataacceso = 6 de decembro de 2010|editor = Mammalian Behaviour & Evolution research group ([[Universidade de Liverpool]])|localización = Liverpool}}</ref>
 
Os mamíferos foron os últimos animais en aparecer no mundo, feito que implica unha maior acumulación de evolucións non só físicas senón tamén no seu comportamento. A súa [[biodiversidade]] fai que o seu comportamento sexa moi variado entre as diferentes especies que a forman. Entre os mamíferos hai animais acuáticos, terrestres e voadores, [[bipedismo|bípedes]] ou cuadrúpedes, solitarios ou [[gregarismo|gregarios]], migratorios ou sedentarios, todos moi diferentes entre si. Dende as enormes [[balea]]s, que se desprazan polos océanos en pequenos grupos migratorios que as levan a percorrer medio mundo, até os [[morcegos]], mamíferos voadores que cazan de noite e poden vivir en colonias de milleiros de individus, pasando polos [[roedores]], pequenos animais que xeralmente se alimentan de froitos e viven en grupos en agochos baixo terra, os [[primates]], algúns dos cales son quen de aprender novas técnicas para obter alimentos, ou os [[felinos]], entre os cales se atopan algúns dos meirandes depredadores.
308.813

edicións

Menú de navegación