Interacción biolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Abella halíctida polinizando unha flor. A polinización por insectos é unha forma de mutualismo
Competencia entre dous cervos machos
Ardea heroidas cunha presa, exemplo de depredación

As interaccións biolóxicas son as relacións entre os organismos dunha comunidade biolóxica dentro dun ecosistema. Nun ecosistema non existen organismos totalmente illados da súa contorna. Estes son parte do medio ambiente, rico en elementos non vivos —materia inorgánica— e noutros organismos da mesma ou doutras especies, cos cales forman múltiples interaccións. As relacións entre as especies poden ser moi diversas, e varían dende unha especie que se alimenta doutra (predación), até a de ambas as especies vivindo nun beneficio mutuo (mutualismo).[1][2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

As interaccións biolóxicas clasifícanse en:

  • Neutralismo: a interacción entre dúas especies, onde ningunha das dúas resulta beneficiada ou prexudicada
  • Mutualismo: é unha interacción biolóxica, entre individuos de diferentes especies, onde ambos se benefician e melloran a súa aptitude biolóxica.
  • Simbiose: é a relación entre dúas ou máis especies, obrigatoria, nas que todos ou algúns dos simbiontes saen beneficiados.
  • Protocooperación: interacción na cal dous organismos ou poboacións se benefician mutuamente, a relación non é esencial para a vida de ambos, xa que poden vivir de forma separada. Pódese dar mesmo entre organismos de diferentes reinos, como no caso de flores e polinizadores ou de certas plantas e as súas micorrizas.
  • Amensalismo: interacción que é prexudicial para unha das especies e neutral para a outra.
  • Comensalismo: interacción na que unha especie é beneficiada e neutral para a outra.
  • Inquilinismo: interacción similar ao comensalismo na que unha especie se beneficia ao ser albergada mentres que a outra non é beneficiada nin prexudicada.
  • Facilitación: interacción na que polo menos unha das especies se beneficia.
  • Competencia: é unha interacción biolóxica entre seres vivos na cal a aptitude ou adecuación biolóxica dun é reducida a consecuencia da presenza do outro.
  • Depredación: a interacción na que unha especie captura e se alimenta doutra. O predador normalmente é máis grande que a presa.
  • Parasitismo: interacción na cal unha especie se beneficia e outra é prexudicada. O parasito normalmente é máis pequeno que o hóspede.
  • Alelopatía: interacción química entre dous organismos da mesma especie ou entre organismos de especies diferentes na cal un organismo prexudica ou elimina a outro mediante a expulsión de sustancias químicas.
  • Exclusión mutua: interacción na que unha especie exclúe a outra do mesmo hábitat, e viceversa. Xeralmente, a exclusión realízase por alteración do hábitat común.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Witzany, G. (2000) Life: The Communicative Structure. Norderstedt, Libri.
  2. Elton, C.S. 1968 reprint. Animal ecology. Great Britain: William Clowes and Sons Ltd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Snow, B.K. & Snow, D.W. (1988). Birds and berries: a study of an ecological interaction. Poyser, Londres ISBN 0-85661-049-6

Outros artigos[editar | editar a fonte]