Connotación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A relevancia do termo connotación -oposto a denotación- débese a que os signos lingüísticos non significan por si mesmos, senón nas sociedades que os adoptan, polo que se integran nunhas estruturas socioculturais determinadas que lles achegan determinados valores ou propiedades de carácter adicional. As connotacións son asociacións de tipo cultural, ideolóxico, psicolóxico, social, individual, afectivo, estilístico etc., que por motivos psico-sociais suxiren os termos.

Exemplos de connotación:

  • Chuvia posúe o significado connotativo de "tristeza"
  • Vermello connota "socialismo".
  • Verde pode connota "Paso libre"
  • Droga connota "perigo de morte".

A connotación caracteriza habitualmente a linguaxe poética e metafórica; o poeta emprega palabras con sentidos subxectivamente adheridos. Así, por exemplo, Federico García Lorca adoita asociar a denotación do substantivo metal coa connotación persoal de «morte».

A connotación establece ademais relacións subxectivas, pero ás veces colectivas, entre os diferentes campos semánticos como se pode ver no seguinte exemplo:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]