Howard Carter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m poño modelo Biografía
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía }}
[[Ficheiro:Howard carter.jpg|miniatura|dereita|Howard Carter]]
'''Howard Carter''', nado o [[9 de maio]] de [[1874]] e finado o [[2 de marzo]] de [[1939]], foi un [[arqueoloxía|arqueólogo]] e [[exiptoloxía|exiptólogo]] [[Inglaterra|inglés]], que se fixo moi famoso por descubrir, en [[1923]], a tumba de [[Tutankhamon]] (Tut-Ankh-Amon), no [[Val dos Reis]], fronte a [[Luxor]], en [[Exipto]].
'''Howard Carter''', nado o [[9 de maio]] de [[1874]] e finado o [[2 de marzo]] de [[1939]], foi un [[arqueoloxía|arqueólogo]] e [[exiptoloxía|exiptólogo]] [[Inglaterra|inglés]], que se fixo moi famoso por descubrir, en [[1923]], a tumba de [[Tutankhamon]] (Tut-Ankh-Amon), no [[Val dos Reis]], fronte a [[Luxor]], en [[Exipto]].



Revisión como estaba o 17 de setembro de 2018 ás 13:21

Infotaula de personaHoward Carter

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1874 Editar o valor em Wikidata
Brompton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoExiptoloxía, arqueoloxía e antropoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexiptólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConselho Supremo de Antiguidades (pt) Traducir (1900–1905)
Egypt Exploration Society (pt) Traducir (1891–1899) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorGeorge Herbert de Carnarvon Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
Cronoloxía
KV62 Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 04fb4ab1-599e-4ca6-93cf-3efb140d83d0 Discogs: 496645 WikiTree: Carter-14606 Find a Grave: 3665 Editar o valor em Wikidata

Howard Carter, nado o 9 de maio de 1874 e finado o 2 de marzo de 1939, foi un arqueólogo e exiptólogo inglés, que se fixo moi famoso por descubrir, en 1923, a tumba de Tutankhamon (Tut-Ankh-Amon), no Val dos Reis, fronte a Luxor, en Exipto.

Traxectoria

Naceu en Kensington, Londres, sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de Norfolk, sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a pintura.

Carter comezou os seus traballos en Exipto en 1891, aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de Beni Hasan. Posteriormente pasou á tutela de William Flinders Petrie.

En 1899, comezou a traballar para o Servizo de Antigüidades Exipcias, o cal abandonou en 1905 logo dunha disputa. Tras varios anos difíciles, en 1907 coñece a Lord Carnarvon, un entusiasta nobre afeccionado á arqueoloxía e disposto a proporcionar os fondos necesarios para continuar o traballo de Carter. Pronto, Carter supervisaba todas as escavacións de Lord Carnarvon.

A tumba de Tutankhamon

Máscara de Tutankhamon no Museo Exipcio do Cairo

Lord Carnarvon financiou a procura da tumba dun faraón descoñecido, Tutankhamon, cuxa existencia fora descuberta por Carter. O 4 de novembro de 1922 Carter achou a tumba de Tutankhamon (posteriormente designada KV62), a tumba faraónica mellor conservada (de feito, case intacta) xamais atopada, no Val dos Reis. Xunto a Lord Carnarvon, o 16 de febreiro de 1923, Carter abriu a cámara e foi o primeiro en ver o sarcófago de Tutankhamon.

Tras catalogar os extensos achados, Carter retirouse da arqueoloxía converténdose en coleccionista. Morreu en Inglaterra en 1939 aos 65 anos. A súa morte a esta avanzada idade é a evidencia máis común esgrimida para refutar a lenda da "maldición dos faraóns" que supostamente recaeu sobre o grupo que profanou a tumba de Tutankhamon, aínda que é certo que o canario de Howard Carter foi engulido por unha cobra (no antigo Exipto a cobra era un símbolo de protección do faraón) pouco despois do descubrimento da tumba.

Howard Carter foi enterrado no cemiterio de Putney Vale, ao oeste de Londres.

Véxase tamén

A casa de Howard Carter na necrópole de Tebana

Bibliografía

  • T.G.H James, Howard Carter ; The Path to Tutankhamun, Londres: Tauris Parke, 2001.
  • Reeves, N. and Taylor, J.H., Howard Carter: Before Tutankhamun, Londres: British Museum Press, 1992.
  • The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz

Ligazóns externas