Morella: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios |
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 75: | Liña 75: | ||
{{commons|Morella}} |
{{commons|Morella}} |
||
* [http://www.morella.net Morella.net] |
* [http://www.morella.net Morella.net] |
||
* [http://morella.comunitatvalenciana.com Web de Turismo de Morella realizada pola Axencia Valenciana de Turismo] |
* [https://web.archive.org/web/20080521155106/http://morella.comunitatvalenciana.com/ Web de Turismo de Morella realizada pola Axencia Valenciana de Turismo] |
||
* [http://www.todosobremorella.com/ Todo Sobre Morella - Fotos de Morella. Máis de 3.000 fotos de Morella] |
* [https://web.archive.org/web/20100216040804/http://www.todosobremorella.com/ Todo Sobre Morella - Fotos de Morella. Máis de 3.000 fotos de Morella] |
||
{{Concellos de Castelló}} |
{{Concellos de Castelló}} |
Revisión como estaba o 26 de agosto de 2018 ás 15:04
Modelo:Cidade Morella é un concello da Comunidade Valenciana, España. Situada ao norte da provincia de Castelló, é a capital da comarca de Ports, en pleno Maestrazgo. O seu termo municipal ten 413,5 km², o terceiro en extensión da Comunidade Valenciana. Conta con 2.854 habitantes (INE 2008).
Xeografía
Morella, cidade da provincia de Castelló limítrofe coas de Teruel e Tarragona, aparece ante os ollos do visitante rodeada do encanto que lle transmiten as súas murallas centenarias e coroada pola súa robusto castelo, a máis de mil metros de altitude e con accesos a través dos portos de montaña de Torre Miró (1.259 m) e Querol (1.020 m).
O relevo abrupto e montañoso da comarca de Ports sementa o camiño para chegar a Morella atravesando barrancos, bosques de piñeiros, carrascas, carballos, ramblas e muelas.
O seu clima é mediterráneo de alta montaña, con veráns frescos e invernos moi fríos con xeadas frecuentes e abundantes nevadas. Durante os meses máis centrais do inverno, o forte vento de mistral, que frecuentemente sopra nesta zona, provoca que a sensación térmica descenda en numerosas ocasións duns -20 °C.
A N-232 é o eixo de comunicación de Morella con Zaragoza e Logroño. Así mesmo, esta estrada conecta Morella cos destinos turísticos valencianos do litoral, coa Autoestrada do Mediterráneo (A-7) e coa estrada N-340. Desde Castelló, tamén se pode acceder á cidade pola N-238 que enlaza posteriormente coa N-232 en dirección a Morella.
Historia
Empolicada espectacularmente na ladeira dunha montaña, a cidade amurallada de Morella, a antiga Castra Aelia dos romanos e feudo do carlismo en tempos do xeneral Cabrera, señorea a paisaxe do Alto Maestrazgo. Morella pode exhibir unha historia tan antiga como ilustre.
Demografía
1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2005 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.996 | 2.850 | 2.859 | 2.797 | 2.719 | 2.711 | 2.752 | 2.782 | 2.815 | 2.863 | 2.854 |
Lugares de interese
- Igrexa de Santa María
- Convento de San Francisco
- Igrexa de San Nicolás
- Castelo de Morella
- Murallas medievais
- Acueduto de Santa Lucía
- Casa do concello
- Casas solariegas
- Covas prehistóricas de Morella La Vella
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morella |