Diferenzas entre revisións de «Canón (arma)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (→‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|)
 
{{Fonte primaria|data=agosto de 2018}}
{{Sen referencias|data=agosto de 2018}}
{{Outroshomónimos|Canón}}
[[Ficheiro:Vigo - Parque do Castro, Fortaleza do Castro 03.jpg|dereita|miniatura|300px|Canón na [[Fortaleza do Castro]], en [[Vigo]].]]
 
'''Canón''' é a denominación xeral do tubo das armas de fogo por onde sae o [[proxectil]]. Porén, o termo adoita referirse a unha determinada peza de [[artillaría]] para disparar proxectís pesados dotada de rodas para o seu transporte ou desprazamento que pode ser de diversas formas e calibres segundo a época e a finalidade<ref>{{DRAG}}</ref>. 
 
O canón usa [[pólvora]] ou outro propelente baseado en [[explosivo]]s para disparar un proxectil. Os canóns varían en [[calibre]], alcance, mobilidade, cadencia de tiro, ángulo de disparo e potencia de fogo; os distintos tipos de canón combinan e equilibran eses atributos en distintos graos, dependendo do uso que se lle pretende dar no campo de batalla. A palabra ''canón'' deriva do aumentativo de ''[[canalización|cano]]'' por extensión do ''tubo'' polo que se dispara o proxectil.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Real_Academia_Española Real Academia Española] y [//es.wikipedia.org/wiki/Asociación_de_Academias_de_la_Lengua_Española Asociación de Academias de la Lengua Española] (2014). [http://dle.rae.es/ca%C3%B1%C3%B3n «cañón»].</ref>
 
O canón ordinario permite bater [[obxectivo|albo]]s situados dentro da vista directa do artilleiro. O canón emprégase xeralmente en carros de combate e tamén como arma anticarro, por mor que ten unha traxectoria tensa ou rasante. Para atacar albos que non están dentro do alcance da peza e que se atopan agachados tras obstáculos naturais ou defensas, utilízase o [[obús]] ou o [[morteiro (arma)|morteiro]], os cales teñen unha traxectoria curva, ou sexa, cando dispara un proxectil, este describe unha curva parabólica.
 
Actualmente, a maior parte das pezas artilleiras, agás as de calibres máis pequenos, son mixtas canón-obús, para poderen actuar en ambas as dúas funcións. Seguen a ser canóns puros os modelos específicos, como os que portan os [[Carro de combate|carros de combate]], os antitanques ou antiaéreos e os montados en barcos de guerra.
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== ArtigosOutros relacionadosartigos ===
* [[Obús (artillaría)|Obús]]
* [[Morteiro (arma)|Morteiro]]
* [[Artillaría]]
* [[Batería (exército)|Batería]]
* [[Pólvora]]
* [[Proxectil]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{Traducido ref|en|Cannon}}
{{Control de autoridades}}
 

Menú de navegación