Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
tradución de es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: +trad. es.wiki
Liña 49: Liña 49:
* Novembro 2007 - maio de 2011 [[Dominique Strauss-Kahn]], Francia
* Novembro 2007 - maio de 2011 [[Dominique Strauss-Kahn]], Francia
* Xuño de 2011 - actualidade [[Christine Lagarde]]
* Xuño de 2011 - actualidade [[Christine Lagarde]]

== Críticas á acción do FMI ==
Con todo, as súas políticas (especialmente, as condicións que impón ós [[país en vías de desenvolvemento|países en vías de desenvolvemento]] para o pago da súa débeda ou en outorgar novos préstamos) foron severamente cuestionadas como causantes de regresións na [[distribución da renda|distribución das rendas]] e prexuízos ás [[política social|políticas sociais]]. Algunhas das críticas máis intensas partiron de [[Joseph Stiglitz]], economista xefe do [[Banco Mundial]] de 1997 a 2000 e [[Premio Nobel de Economía]] 2001.<ref>''El malestar en la globalización'', Taurus, Madrid, 2002. ISBN 978-84-306-0478-4</ref>

Algunhas das políticas criticadas son:
* Saneamento do orzamento público a expensas do gasto social. O FMI apunta que o Estado non debe outorgar subsidios ou asumir gastos de grupos que poden pagar polas súas prestacións, aínda que na práctica isto resulte na diminución dos servizos sociais aos sectores que non están en condicións de pagalos.
* Xeración de [[superávit primario]] suficiente para cubrir os compromisos de [[débeda externa]].
* Eliminación de subsidios, tanto na actividade produtiva como nos servizos sociais, xunto coa redución dos aranceis.
* Reestruturación do sistema impositivo. Co fin de incrementar a recadación fiscal, impulsou xeralmente a implantación de [[imposto regresivo|impostos regresivos]] de fácil percepción (como o [[Imposto ao Valor Engadido]])
* Eliminación de barreiras cambiarias. O FMI neste punto é partidario da libre flutuación das divisas e dun mercado aberto.
* Implementación dunha estrutura de libre mercado en practicamente todos os sectores de bens e servizos, sen intervención do Estado, que só debe asumir un rol regulador cando se requira.
* O concepto de ''servizos'', na interpretación do FMI, esténdese ata incluír áreas que tradicionalmente se interpretan como estruturas de aseguramento de dereitos fundamentais, como a educación, a saúde ou a previsión social.
* Políticas de [[flexibilidade laboral]], entendido como a liberalización do mercado de traballo.

Estes puntos foron centrais nas negociacións do FMI en [[América Latina|Latinoamérica]] como condicionantes ó acceso dos países da rexión ó crédito, nos [[anos 1980|anos oitenta]]. Arguméntase que provocaron unha desaceleración da industrialización, ou desindustrialización na maioría dos casos. As recesións en varios países latinoamericanos a finais dos [[anos 1990|anos noventa]] e crises financeiras como a de Arxentina a finais de 2001, son presentadas como exemplos do fracaso das "receitas" do Fondo Monetario Internacional, por canto eses países determinaron a súa política económica sobre a base de recomendacións do organismo.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2018 ás 13:07

Sede do FMI, Washington

O Fondo Monetario Internacional (en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América).

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington.

Creación

A segunda sede.

O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do Sistema Monetario Internacional despois da Segunda Guerra Mundial. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países ratificaron o convenio correspondente.[1] Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na situación dos anos 30, durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.

A nova orde económica que propuña o representante estadounidense e, segundo se soubo máis tarde, comunista e espía da Unión Soviética,[2]Harry Dexter White, baseábase en tres regras:

  • Cada Estado debía definir a súa moeda en relación co ouro ou co dólar estadounidense.
  • O valor da moeda debía flutuar unicamente nunha marxe de 1 % con relación á súa paridade oficial.
  • Cada Estado estaba encargado de defender esta paridade velando polo equilibrio da balanza de pagos.

Por tanto, o papel do sistema monetario internacional é promover a ortodoxia monetaria para que se manteña un contexto favorable ao desenvolvemento do comercio mundial, tras conceder préstamos a algúns países en dificultades no contexto da reconstrución despois da Segunda Guerra Mundial. Segundo os seus estatutos, os seus obxectivos son «fomentar a cooperación monetaria internacional; facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional; fomentar a estabilidade cambiaria; contribuír a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten a expansión do comercio mundial; dar confianza aos países membros poñendo á súa disposición temporalmente e coas garantías adecuadas os recursos do Fondo, dándolles así oportunidade de que corrixan os desequilibrios das súas balanzas de pagos sen recorrer a medidas prexudiciais para a prosperidade nacional ou internacional, para acurtar a duración e minorar o desequilibrio das súas balanzas de pagos».[3]

O FMI é máis ou menos, complementario doutras grandes institucións económicas da época como o Banco Mundial, o BIRD (Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento), creados ao mesmo tempo, e o Acordo Xeral sobre Aranceis GATT asinado pouco tempo despois.

Durante as negociacións de Bretton Woods, o representante británico, o economista John Maynard Keynes, suxeriu a creación dunha institución máis importante, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "Bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar.

Estrutura organizativa do FMI

Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, unha vez ao ano e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.

Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

Diferenzas entre o FMI e o Banco Mundial

Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

Directores administrativos

Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

Críticas á acción do FMI

Con todo, as súas políticas (especialmente, as condicións que impón ós países en vías de desenvolvemento para o pago da súa débeda ou en outorgar novos préstamos) foron severamente cuestionadas como causantes de regresións na distribución das rendas e prexuízos ás políticas sociais. Algunhas das críticas máis intensas partiron de Joseph Stiglitz, economista xefe do Banco Mundial de 1997 a 2000 e Premio Nobel de Economía 2001.[4]

Algunhas das políticas criticadas son:

  • Saneamento do orzamento público a expensas do gasto social. O FMI apunta que o Estado non debe outorgar subsidios ou asumir gastos de grupos que poden pagar polas súas prestacións, aínda que na práctica isto resulte na diminución dos servizos sociais aos sectores que non están en condicións de pagalos.
  • Xeración de superávit primario suficiente para cubrir os compromisos de débeda externa.
  • Eliminación de subsidios, tanto na actividade produtiva como nos servizos sociais, xunto coa redución dos aranceis.
  • Reestruturación do sistema impositivo. Co fin de incrementar a recadación fiscal, impulsou xeralmente a implantación de impostos regresivos de fácil percepción (como o Imposto ao Valor Engadido)
  • Eliminación de barreiras cambiarias. O FMI neste punto é partidario da libre flutuación das divisas e dun mercado aberto.
  • Implementación dunha estrutura de libre mercado en practicamente todos os sectores de bens e servizos, sen intervención do Estado, que só debe asumir un rol regulador cando se requira.
  • O concepto de servizos, na interpretación do FMI, esténdese ata incluír áreas que tradicionalmente se interpretan como estruturas de aseguramento de dereitos fundamentais, como a educación, a saúde ou a previsión social.
  • Políticas de flexibilidade laboral, entendido como a liberalización do mercado de traballo.

Estes puntos foron centrais nas negociacións do FMI en Latinoamérica como condicionantes ó acceso dos países da rexión ó crédito, nos anos oitenta. Arguméntase que provocaron unha desaceleración da industrialización, ou desindustrialización na maioría dos casos. As recesións en varios países latinoamericanos a finais dos anos noventa e crises financeiras como a de Arxentina a finais de 2001, son presentadas como exemplos do fracaso das "receitas" do Fondo Monetario Internacional, por canto eses países determinaron a súa política económica sobre a base de recomendacións do organismo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Somanath, V. S. (1 de febreiro de 2011). International Financial Management. p. 79. ISBN 9789381141076. 
  2. "Francisco Cabrillo - Harry Dexter White: un comunista en el FMI". Consultado o 17 de marzo de 2016.  Parámetro descoñecido |sitioweb= ignorado (suxírese |páxina-web=) (Axuda)
  3. Convenio constitutivo del FMI.
  4. El malestar en la globalización, Taurus, Madrid, 2002. ISBN 978-84-306-0478-4