Saltar ao contido

Horst Köhler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHorst Köhler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Skierbieszów, Polonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Banco Europeu para a Reconstrução e o Desenvolvimento (pt) Traducir
setembro de 2008 –
Presidente de Alemaña
1 de xullo de 2004 – 31 de maio de 2010
← Johannes RauChristian Wulff →
Managing Director of the International Monetary Fund (en) Traducir
1 de maio de 2000 – 4 de marzo de 2004
← Michel Camdessus (pt) TraducirRodrigo Rato →
Q121536620 Traducir
1993 – 1998
← Helmut GeigerDietrich H. Hoppenstedt (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU, consultor (2012–)
Ministério Federal das Finanças (pt) Traducir, secretary of state from Germany (en) Traducir (1990–1993) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña (1981–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
30 de xuño de 2010Eleição presidencial na Alemanha em 2010 (pt) Traducir
23 de maio de 2009Eleições presidenciais na Alemanha em 2009 (pt) Traducir
23 de maio de 2004Eleição presidencial da Alemanha de 2004 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEva Luise Köhler Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1697777 WikiTree: Köhler-1908 Editar o valor en Wikidata

Horst Köhler, nado o 22 de febreiro de 1943 en Skierbieszów, Goberno Xeral, na actual Polonia, é un economista e político, que foi Presidente da República Federal de Alemaña dende o 1 de xullo de 2004 até o 30 de xuño de 2010, tras deixar o cargo. Foi sucedido por Christian Wulff, político do seu mesmo partido, a Unión Demócrata Cristiá.

Horst Köhler é o sétimo de oito irmáns dunha familia granxeira de relixión protestante. Anteriormente fora director do Fondo Monetario Internacional, dende o 1 de maio de 2000 até o 4 de marzo de 2004, cando se lle comunicou que era candidato conxunto da CDU, CSU e FDP para o cargo de Presidente Federal de Alemaña.

Horst Köhler naceu en Skierbieszów (Polonia) entón ocupada por Alemaña nazi, como o sétimo de oito fillos dunha familia de alemáns de Besarabia de Riscani, na Besarabia romanesa (preto de Bălţi, actual Moldova). Os seus pais, alemáns étnicos e cidadáns romaneses, deberon deixar Besarabia en 1940 a causa do Pacto Ribbentrop-Molotov que cedía Besarabia á Unión Soviética. Dende 1990, Köhler ocupou varias posicións dentro do goberno federal alemán. Foi sub-secretario de Estado no Ministerio de Finanzas alemán de 1990 a 1993 e serviu como asesor do Chanceler Helmut Kohl na preparación de cumes do G7 e outras conferencias económicas internacionais. Entre 1993 e 1998 foi presidente da Asociación de Caixas de Aforros de Alemaña (Deutscher Sparkassen und Giroverband). En 1998 foi designado presidente do Banco Europeo para Reconstrución e Desenvolvemento.

No ano 2000, a proposta de Gerhard Schröder é elixido Director Xerente e Presidente do Consello de Dirección do Fondo Monetario Internacional, sucedendo no cargo a Michel Camdessus, que presentara a súa dimisión o 14 de febreiro dese ano. Foi designado para este cargo despois de que o primeiro candidato proposto polo goberno alemán, Caio Kai Koch-Weser, fóra rexeitado polos Estados Unidos. O 4 de marzo de 2004, Köhler dimitiu do seu posto no FMI despois de ser proposto como candidato dos partidos conservador e liberal, a CDU e o FDP, para suceder a Johannes Rau como presidente de Alemaña. Elixido o 23 de maio de 2004, tomou posesión do seu cargo como Bundespräsident o 1 de xullo de 2004 para un período de cinco anos. O FDP e CDU actualmente teñen a maioría na Bundesversammlung (Asemblea Federal), que é responsable da elección do presidente federal.

O 23 de maio de 2009 foi reelixido como presidente de Alemaña, manteniendose no cargo un ano máis, até a súa dimisión o 31 de maio de 2010 tras ser fortemente criticado por unhas declaracións que fixo sobre a participación do exército alemán en Afganistán. A controversia desatouse o 22 de maio de 2010, cando nunha visita a Afganistán, o presidente deu a entender que o despregamento de tropas do Bundeswehr (exército alemán) nese país estaba motivado por intereses comerciais, no canto de por razóns de seguridade nacional:

"(...) Estamos en camiño de que a gran masa da sociedade entenda que un país das nosas dimensións con esta orientación cara ao comercio exterior e, por iso tamén dependente do comercio exterior, tamén ten que saber que, en caso de dúbida e de urxencia, a misión militar é necesaria para salvagardar os nosos intereses, por exemplo, as libres vías comerciais (...), impedir grandes inestabilidades rexionais, que con seguridade tamén incidirían negativamente nas nosas posibilidades de comercio, postos de traballo e ingresos"

Máis tarde asegurou que coas súas declaracións referíase á loita contra a pirataría nas costas de Somalia, pero ao non cesar a polémica, decidiu anunciar a súa renuncia o 31 de maio de 2010, justificándola pola "falta de respecto" cara á súa persoa debido ás fortes críticas que recibiu.

Modelo:Commonscst