Afonso Vázquez-Monxardín: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Non confundir|Alfonso Vázquez-Monjardín y Quirós}} |
{{Non confundir|Alfonso Vázquez-Monjardín y Quirós}} |
||
{{Biografía}} |
{{Biografía|nome=pepe paco}} |
||
'''Afonso Vázquez-Monxardín Fernández''', nado en [[Ourense]] o [[12 de abril]] de [[1960]]<ref>{{Gallegos|Vázquez-Monxardín, Fernández, Alfonso|588}}</ref>, é un [[arqueoloxía|arqueólogo]] e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.<ref>[http://auria.xacobeo.es/gl/bio/vazquez-monxardin-fernandez-afonso-ourense ''Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso (Ourense)''] [http://auria.xacobeo.es/gl Auria.Xacobeo.es/gl]</ref> |
'''Afonso Vázquez-Monxardín Fernández''', nado en [[Ourense]] o [[12 de abril]] de [[1960]]<ref>{{Gallegos|Vázquez-Monxardín, Fernández, Alfonso|588}}</ref>, é un [[arqueoloxía|arqueólogo]] e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.<ref>[http://auria.xacobeo.es/gl/bio/vazquez-monxardin-fernandez-afonso-ourense ''Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso (Ourense)''] [http://auria.xacobeo.es/gl Auria.Xacobeo.es/gl]</ref> |
||
Revisión como estaba o 14 de xuño de 2018 ás 08:41
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1960 (64 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , historiador |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960[1], é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.[2]
Traxectoria
É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía. Foi o arqueólogo de numerosas escavacións en Galicia, Portugal e Italia e 1983 pasou, como tantos outros da súa xeración, á docencia de lingua e literatura galega. É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Buenos Aires; Universidade Federal da Bahía, en Brasil; e Lar Gallego en Santiago de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense. Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e escribe dous artigos semanais en La Región.
Obras
- Xoaquin Lorenzo Fernández "Xocas". A fidelidade á Galicia soñada (2004)
- Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía (coord.; 2004)
- Danse lido (2014[3])
- Ramón Otero Pedrayo, Unha fotobiografía (2014; xunto con Patricia Arias Chachero)
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo (2016; xunto con Patricia Arias Chachero)
- Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa primeira comuñón, (2017; xunto con Patricia Arias Chachero)
- Carlos Casares -Marcos Valcárcel. Homenaxe a unha amizade (2017, coord).
Traducións
- Baum, L. Frank (1994). Edicións Xerais de Galicia, Vigo, ed. O marabilloso mago de Oz. p. 200. ISBN 9788475078526.
- Beckman, Thea (1991). Ediciones SM, Vigo, ed. Cruzada en vaqueiros. p.238. ISBN 84-348-3443-x
Recoñecementos
- Premio Ourense de Contos para a Mocidade, 1987.[4]
- Premio Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputación de Ourense, 2009.[5]
- Premio de Xornalismo Literario "Carlos Casares", Concello de Xinzo, 2017
Notas
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vázquez-Monxardín, Fernández, Alfonso". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 588. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso (Ourense) Auria.Xacobeo.es/gl
- ↑ elcercano.com
- ↑ Premio Ourense de Contos para a Mocidade Filix.org
- ↑ Vázquez Monxardín resultou gañador da última edición do premio...” Deputación de Ourense.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Afonso Vázquez-Monxardín en Galegos.info.