Talía Teatro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Enlaces externos: Ligazóns externas
Liña 155: Liña 155:
* ''Enciclopedia Universal Galega''. Tomo XV. Ediciones Ir Indo, 2002
* ''Enciclopedia Universal Galega''. Tomo XV. Ediciones Ir Indo, 2002
* ''Revista Paraíso''. N.º 3. Xaneiro 2008. Xunta de Galicia
* ''Revista Paraíso''. N.º 3. Xaneiro 2008. Xunta de Galicia
=== Enlaces externos ===
=== Ligazóns externas ===
* http://taliateatro.gal/
* http://taliateatro.gal/
* https://www.facebook.com/taliateatro/
* https://www.facebook.com/taliateatro/

Revisión como estaba o 18 de maio de 2018 ás 19:46

Talía Teatro é unha compañía creada en 1988. Nas súas orixes era un grupo de teatro afeccionado que estaba vinculado á Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Nesta etapa, chegou a montar varios espectáculos entre os que destacan O rei aborrecido, de X. Pisón; e Ai, Carmela e Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra. Debido ás boas críticas e aos premios recibidos, convertéronse nunha compañía profesional en 1996.

Caracterízase por ser un grupo teatral estábel que utiliza a lingua galega na representación das obras. Alén diso, o seu repertorio conta con pezas dirixidas a diferentes tipos de público.

A súa actividade principal é a produción e exhibición de espectáculos, que os levaron a crear unha infraestrutura propia. Ademais, realizan outras actividades relacionadas co sector (creación de espectáculos temáticos, organización de obradoiros, etc.).

Compoñentes

  • Artur Trillo é autor, director e actor. Leva desde 1988 como director da compañía Talía Teatro. Alén diso, ten realizado montaxes con outras compañías. Como actor foi premiado en numerosas ocasións, destacando a súa interpretación nos espectáculos de Talía Teatro Esperando a Godot, E ti, quen ves sendo?, Bicos con lingua e O Encoro, de Teatro do Atlántico.
  • Áurea Ferreiro, vinculada a Talía Teatro desde o ano 2008, leva a área de produción da compañía. Conta tamén con experiencia en xestión de espazos de exhibición teatral.
  • Daniel Trillo, empezou a súa andadura teatral con Talía Teatro no 2003 co espectáculo Eu así non xogo. Desde entón participou en doce montaxes da compañía e ocupouse de diferentes facetas creativas como a iluminación e a escenografía. A súa vez, exerceu de xefe técnico da compañía. Ademais de amosar interese polos elementos que compoñen un espectáculo, tamén actuou nalgunhas representacións. Realizou numerosos traballos de deseño de iluminación e escenografía e no ano 2016 recibiu o premio María Casares ao mellor deseño de escenografía do espectáculo Foucellas.
  • Martina Cambeiro, forma parte do equipo estábel de Talía Teatro desde a súa creación e realizou o deseño de vestiario e maquillaxe de case todas as súas producións, recibindo numerosos nomeamentos. Ademais opera como técnica de iluminación e son en diferentes espectáculos.
  • Toño Casais, leva desde 1993 vinculado a Talía, aínda que tamén ten realizado montaxes con outras compañías como Teatro do Atlántico ou o Centro Dramático Galego. Ten recibido diversos recoñecementos pola súa interpretación como protagonista nos espectáculos Palabras encadeadas e Esperando a Godot e como actor secundario no espectáculo O Encoro, de Teatro do Atlántico.
  • María Ordóñez, comezou a súa andadura teatral con Talía Teatro co espectáculo Eu así non xogo, no 2003. Desde entón, participou en nove montaxes da compañía. Cabe salientar a súa interpretación en Palabras encadeadas, O método Grönholm e Pelos na lingua. Por esta última, ten recibido diversos premios como actriz protagonista.
  • Marta Lado, é licenciada en Arte Dramático pola ESAD. Conta cunha importante bagaxe tanto a nivel teatral como audiovisual. Entre os seus traballos destaca a súa interpretación en Tartufo, do Centro Dramático Galego.
  • Diego Rey, forma parte da compañía desde o 2006 e desenvolve tarefas de actor, técnico, autor e director. A partir do 2010 comeza a orientar a súa carreira á dirección, simultaneando traballos para Talía e outras compañías, mais sen deixar a súa labor interpretativa.
  • Marta Ríos, leva vinculada a Talía Teatro desde o 2003, ano no que debutou co espectáculo Eu así non xogo. Desde entón, realizou once montaxes coa compañía. Cómpre destacar a súa interpretación en Volpone, pola que recibiu o premio Maria Casares á mellor actriz secundaria.
  • Xurxo Barcala, debutou con Talía no 2000 co espectáculo infantil Menos Lobos. A partir de aí seguiron traballos como Supermáis, Eu así non xogo e E ti, quen vés sendo?. Despois duns anos dedicado a labores pedagóxicos, volve á compañía formando parte do elenco de Os mortos daquel verán e O servidor de dous amos.
Talía Teatro na representación Merlo Branco.
Talía Teatro na representación Merlo Branco.

Espectáculos teatrais

Título Autor Ano Público
O Rei aborrecido Xesús Pisón 1988 Adulto
Aquí non paga ninguén Darío Fo 1989 Adulto
O crime de Aldea Vella Bernardo Santareno 1990 Adulto
Gaivotas subterráneas Alfonso Vallejo 1991 Adulto
Ai, Carmela José Sanchis Sinisterra 1993 Adulto
T.W.C. Colectiva 1994 Xuvenil e adulto
Fando e Lis Fernando Arrabal 1994 Adulto
Rezagados Ernesto Caballero 1995 Adulto
A secreta oscenidade de cada día Marco Antonio de la Parra 1996 Adulto
Pedro e o capitán Mario Benedetti 1996 Adulto
Retén Ernesto Caballero 1997 Adulto
Marsal Marsal José Sanchis Sinisterra 1998 Xuvenil e adulto
Soños dun seductor Woody Allen 2000 Xuvenil e adulto
Menos lobos Artur Trillo 2000 Infantil
Dakota Jordi Galcerán 2001 Adulto
Supermáis J. M. Benet i Jornet 2001 Infantil
Xustiza Infinita Cándido Pazó 2002 Xuvenil e adulto
Eu así non xogo Artur Trillo 2003 Infantil
Bicos con lingua VV. AA. 2003 Xuvenil e adulto
Molière Final Roberto Salgueiro 2004 Adulto
A paz do Crepúsculo Itziar Pascual 2004 Adulto
Mundos contados Paula Carballeira 2005 Infantil
Esperando a Godot Samuel Beckett 2006 Adulto
O merlo branco Cándido Pazó 2006 Infantil
Quero ser grande VV. AA. 2007 Xuvenil e adulto
E ti, quen vés sendo? Cándido Pazó 2008 Adulto
Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán e van sen un can Roberto Salgueiro 2008 Infantil
Palabras encadeadas Jordi Galcerán 2009 Adulto
Volpone Ben Jonson 2010 Adulto
Carta urxente para Máximo Toxo Diego Rey 2010 Infantil
Pelos na lingua VV. AA. 2011 Xuvenil e adulto
Pequena Paula Carballeira 2012 Infantil
O método Grönholm Jordi Galcerán 2012 Xuvenil e adulto
Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina Diego Rey 2013 Infantil
Sopa de sapo Artur Trillo 2014 Infantil
Demolición Cándido Pazó 2014 Xuvenil e adulto
Rosa Caramelo e outras historias Adela Turín 2015 Infantil
Foucellas Cándido Pazó 2016 Adulto
Ubú Rei Alfred Jarry 2017 Adulto
Os mortos daquel verán Carlos Casares 2017 Adulto

Tendo en conta o público albo, podemos afirmar, segundo esta táboa, que o 50% das obras son para adultos, o 22.5% para adultos e adolescentes e o 27.5% restante están dirixidas ao sector infantil.

Por outra banda, as obras de autoría galega son maioritarias (41%), seguidas das de autoría española que se corresponden co 27%. As adaptacións de pezas estranxeiras conforman o 22% da totalidade e, para rematar, aquelas realizadas por varios autores representan o 10% restante. Ademais, só o 7.5% das obras son de autoría feminina, fronte o 92.5% que son de autores varóns.

Premios

-2004 Mellor actor protagonista. María Casares: Artur Trillo por Bicos con lingua -2004 Mellor texto orixinal. María Casares: Bicos con lingua -2007 Mellor actor. Premio FETEGA: Toño Casais por Esperando a Godot

-2008 Mellor actor secundario. María Casares: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?

-2010 Mellor dirección. María Casares: Artur Trillo por Palabras encadeadas

-2010 Mellor actor protagonista. María Casares: Toño Casais por Palabras encadeadas

-2011 Mellor actriz. Premio FETEGA: María Ordóñez por Pelos na lingua

-2011 Premio Nordés das Artes

-2011 Mellor actriz secundaria. María Casares: Marta Ríos por Volpone

-2012 Mellor texto teatral en galego. María Casares: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua

-2012 Mellor texto teatral en galego. Premio Max: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua

-2016 Mellor escenografía. María Casares: Dani Trillo por Foucellas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lourenço Módia, Cilha e Biscainho Fernandes, Carlos. Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999). Abano Editores, Ourense, 2000
  • F. Vieites, Manuel. Crónica do Teatro Galego. Universidade de Vigo, 2003
  • F. Vieites, Manuel. Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. No aniversario da estrea de A fonte do xuramento (1882-2007). Editorial Galaxia, 2007
  • Enciclopedia Universal Galega. Tomo XV. Ediciones Ir Indo, 2002
  • Revista Paraíso. N.º 3. Xaneiro 2008. Xunta de Galicia

Ligazóns externas