Sancho IV de Castela: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: Arranxos varios |
m poño modelo Biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{SenReferencias}} |
{{SenReferencias}} |
||
{{Biografía}} |
|||
[[Ficheiro:Sancho IV de Castilla.jpg|280px|miniatura|Sancho nun manuscrito da época.]] |
[[Ficheiro:Sancho IV de Castilla.jpg|280px|miniatura|Sancho nun manuscrito da época.]] |
||
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2017 ás 22:05
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sancho IV de Borgoña, o Bravo, nado en Valladolid o 12 de maio de 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295, foi rei de Castela e de León. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.
Traxectoria
Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:
- Isabel (1283-1328), casada con Xaime II de Aragón e con Xoán III de Bretaña;
- Fernando o Emprazado (1285-1312), o rei Fernando IV;
- Afonso (falecido en 1319);
- Pedro (falecido en 1319);
- Filipe;
- Beatriz (1293-1359), que casou con Afonso IV de Portugal.
O primoxénito de Afonso X, don Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.
Porén, Sancho proclamouse rei sen respectar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, oitavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.
Despois destes acontecementos perdooulle ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo se volveu sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Don Xoán chamou na súa axuda os benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.
Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un achegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un novo impulso á Reconquista.
O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante don Juan Manuel.
Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro o seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as disputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.
Sancho IV de Castela Nacemento: 12 de maio 1258 Falecemento: 25 de abril 1295
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Afonso X
|
Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Córdoba, Murcia, Xaén e Sevilla 1284–1295 |
Sucedido por Fernando IV |