J: Diferenzas entre revisións
corrixo |
m Arranxos varios + cda |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
No [[alfabeto fonético internacional]], ['''j'''] representa o aproximante palatal. |
No [[alfabeto fonético internacional]], ['''j'''] representa o aproximante palatal. |
||
Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado. |
Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado. |
||
Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na [[táboa periódica]]. En [[física]] designa o [[joule]]. |
Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na [[táboa periódica]]. En [[física]] designa o [[joule]]. |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
*[[Especial:Allpages/J|Entradas da enciclopedia que comezan por J]] |
*[[Especial:Allpages/J|Entradas da enciclopedia que comezan por J]] |
||
* Entradas no dicionario da Real Academia Galega para [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/searchNoun.do?nounTitle=j j] e [http://www.realacademiagalega.org/rag_dicionario/loadNoun.do?current_page=1&id=27956 J] |

{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Grafémica]] |
[[Categoría:Grafémica]] |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2017 ás 19:31
Aa | Bb | Cc | Dd | Ee | |||
Ff | Gg | Hh | Ii | Ll | |||
Mm | Nn | Ññ | Oo | Pp | |||
Rr | Ss | Tt | Uu | ||||
Vv | Xx | Zz | |||||
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal.
Na maioría dos teclado alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na táboa periódica. En física designa o joule.
Historia
En orixe no alfabeto latino era só unha letra maiúscula, o escolar humanista Pierre de la Ramée foi o primeiro en distinguir I e J. En latín a pronuncia do I e J era [i], [i:] ou [j], pero as linguas romances desenvolveron novos sons que foron representados como I e J.
Xeroglífico (Fonograma de i) |
Escritura hierática (Fonograma de i) |
Proto-Semítico Y |
Fenicio Y |
Grego iota |
Etrusco I |
Latín I |
Latín J |
Latín moderno Jj | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
En portugués, o son utilizado para a letra J é o /ʒ/ (jarro, janela, jota), así como no francés e no romanés. En todas as linguas xermánicas, exceptuando o inglés que utiliza /dʒ/ (just), o son utilizado para a letra J é o /j/ (como ja en alemán ou como no ditongo i na palabra ideia). Este feito tamén se verifica en albanés, e nas linguas urálicas e eslavas que utilizan o alfabeto latino, como por exemplo en húngaro, finlandés, estoniano, polaco e checo. Tamén o serbio, lingua eslava, adoptou o J no seu alfabeto cirílico, co mesmo propósito. Foi debido a este padrón lingüístico, que a letra minúscula /j/ foi adoptada pola Asociación Fonética Internacional, como representante deste son.
En castelán o J pronuncia-se /x ~ h/ (como ajo que significa allo); este son desenvolveuse a partir do son /dʒ/. En francés o antigo son /dʒ/ é agora pronunciado como /ʒ/, tal como en portugués.
Na lingua italiana moderna, apenas palabras en latín ou palabras estranxeiras teñen a letra J. Até ao século XIX, o J era utilizado en vez do I en ditongos como substituto para o último –ii e en grupos vocais como en Savoja.
Lingüistas da Alemaña e da Europa Central tamén utilizaron o J nalgunhas transliteracións, de linguas eslavas que utilizan o alfabeto cirílico. En particular, o "Е" en ruso é ás veces transliterado para "je", o "Я" é transliterado para "ja" e o carácter "Ю" para "ju".
Representacións alternativas
En alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Juliet.
En código Morse é: ·---
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de j |
- Entradas da enciclopedia que comezan por J
- Entradas no dicionario da Real Academia Galega para j e J