Adina, Sanxenxo: Diferenzas entre revisións
límites |
A Adina da cantiga é a de Iria Flavia, non a de Sanxenxo |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
Ficheiro:Sanxenxo, Adina 04-03.JPG|Baldaquino |
Ficheiro:Sanxenxo, Adina 04-03.JPG|Baldaquino |
||
</gallery> |
</gallery> |
||
== Adina na literatura popular == |
|||
* ''Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio''. |
|||
== Lugares e parroquias == |
== Lugares e parroquias == |
Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2017 ás 14:10
Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833, -8.83333
Adina | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Sanxenxo |
Coordenadas | 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 10,5 km² |
Poboación | 4.783 hab. (2016) |
Densidade | 455,52 hab./km² |
Entidades de poboación | 17 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.
Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur co océano Atlántico aberto e a ría de Pontevedra, ó este coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.
Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.
Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.
No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.
-
Baldaquino
Lugares e parroquias
Lugares de Adina
Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |
Parroquias de Sanxenxo
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adina, Sanxenxo |
Bibliografía
FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.
Ligazóns externas