Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
|||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |autor2= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2}} |
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |autor2= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2}} |
Revisión como estaba o 23 de setembro de 2016 ás 20:12
Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.
Traxectoria
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.
Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.
Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.
Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.
Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, onde repousa[1].
Predecesor: Eduardo Dato |
Presidente do Goberno de España 1921 |
Sucesor: Manuel Allendesalazar |
Familia
Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabino Bugallal |
Bibliografía
- Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. ISBN 84-8457-255-2.