Praia de Río Sieira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{outros homónimos|Boca do Río}}
{{Praia
{{Praia
|nome = Praia de Río Sieira / Boca do Río
|nome = Praia de Río Sieira / Boca do Río

Revisión como estaba o 16 de agosto de 2016 ás 16:23

Praia de Río Sieira / Boca do Río
Características xerais
Lonxitude950 m
Largo medio28 m
Grao de ocupaciónMedia (no verán)
Grao de urbanizaciónNon hai
Paseo marítimoNon hai
Características específicas
Tipo de praiaAberta
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOndada de forte a moderada
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoAcceso a pé, fácil
Sinalización do accesoSi

A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.

Características

Praia de Río Sieira, co monte Louro ao fondo.

Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira (ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río.

É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada.

Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propoamente dita.

O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.

Acceso

Desde o Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.

Accesibilidade

Hai unha parada de aurtinún interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.

Servizos

Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis cercano é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.

Véxase tamén

Ligazóns externas