Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB |
Xas (conversa | contribucións) m Bibliografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{sen referencias}} |
|||
{{Biografía |
{{Biografía |
||
|nome = Pedro Barrié de la Maza |
|nome = Pedro Barrié de la Maza |
||
Liña 19: | Liña 18: | ||
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente. |
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente. |
||
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a [[Guerra Civil Española]], motivo polo cal [[Francisco Franco|Franco]] concedeulle importantes privilexios. |
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a [[Guerra Civil Española]], motivo polo cal [[Francisco Franco|Franco]] concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con [[Julio Muñoz Aguilar]], gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha suscrición popular da finca do [[Pazo de Meirás]], que fora de [[Emilia Pardo Bazán]], para convertela en residencia de verán do xeneral Franco. |
||
Desde [[1939]] ata [[1971]] dirixiu o principal banco de [[Galicia]] ([[Banco Pastor]]) e creou en [[1943]] a empresa de electricidade [[Fenosa (1942)|Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA)]], hoxe [[Gas Natural Fenosa]], participando así no desenvolvemento económico de [[Galicia]]. |
Desde [[1939]] ata [[1971]] dirixiu o principal banco de [[Galicia]] ([[Banco Pastor]]) e creou en [[1943]] a empresa de electricidade [[Fenosa (1942)|Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA)]], hoxe [[Gas Natural Fenosa]], participando así no desenvolvemento económico de [[Galicia]]. |
||
Liña 42: | Liña 41: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Bibliografía === |
|||
*{{Cita libro |título= La economía de la guerra civil|nome= Pablo|apelidos= Martín Aceña|ligazónautor= |coautores= Martínez Ruiz, Elena|ano= 2006|editorial= Marcial Pons|lugar= |isbn= 8496467333|páxina= |páxinas= |url=}} |
|||
*{{Cita libro |título= Historia política del constitucionalismo español|nome= José|apelidos= Peña González|ligazónautor= |ano= 2006|editorial= Dykinson|lugar= |isbn= 8497729064|páxina= |páxinas= |url=}} |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2812420.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados] |
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2812420.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados] |
Revisión como estaba o 24 de abril de 2016 ás 12:30
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1888 A Coruña, Galiza |
Morte | 14 de marzo de 1971 A Coruña |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 16 de febreiro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Superior de Comercio da Coruña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Empresario |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde (1955–) |
Cónxuxe | Carmela Arias |
Pai | Pedro Barrié Pastor |
Parentes | Juan Francisco Barrié d'Abadie (avó) |
Premios |
Pedro Barrié de la Maza, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido o 14 de marzo de 1971,[1] conde de Fenosa, foi un empresario galego.
Traxectoria
Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor. En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a Guerra Civil Española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con Julio Muñoz Aguilar, gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha suscrición popular da finca do Pazo de Meirás, que fora de Emilia Pardo Bazán, para convertela en residencia de verán do xeneral Franco.
Desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor) e creou en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, participando así no desenvolvemento económico de Galicia.
Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.
Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.
Foi procurador en Cortes designado por Franco dende 1946 até a súa morte en 1971.
O 1 de outubro de 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia e a Gran Cruz do Mérito Civil.
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor[2]. Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor hoxe absorbido por Banco Popular
Vida persoal
Casou en 1916 con Amalia Torres Sanjurjo, filla de Eduardo Torres Taboada, que finou en 1952[3]. Volveu casar en 1966 con Carmela Arias Díaz de Rábago, filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza.
Notas
- ↑ Ha muerto el conde de Fenosa
- ↑ "Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña". ABC. 30 de decembro de 1958. Consultado o 10 de decembro de 2012.
- ↑ Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo
Véxase tamén
Bibliografía
- Martín Aceña, Pablo; Martínez Ruiz, Elena (2006). La economía de la guerra civil. Marcial Pons. ISBN 8496467333. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coautores=
(Axuda) - Peña González, José (2006). Historia política del constitucionalismo español. Dykinson. ISBN 8497729064.