Pedro Barrié Pastor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Barrié Pastor
Nacemento30 de xullo de 1843
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento27 de xaneiro de 1919
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbanqueiro
FillosPedro Barrié de la Maza
editar datos en Wikidata ]

Pedro Barrié Pastor, nado na Coruña o 30 de xullo de 1843 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1919, foi un banqueiro e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de José Pastor Horta, dono da compañía "José Pastor y Cía.", empezou a traballar co seu tío e incorporouse como socio. Cando faleceu o seu tío en 1877, a compañía quedou nas súas mans, mantendo o seu nome. Foi presidente da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de La Coruña e Comisario Regio de Fomento. Foi concelleiro da Coruña e membro da Junta de Defensa.[1] En 1888 entrou a colaborar na compañía Ricardo Rodríguez Pastor, pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor". En 1915 incorporouse á compañía o fillo de Pedro Barrié Pastor, Pedro Barrié de la Maza, ao regresar da súa formación financeira en Alemaña, Gran Bretaña e Francia. Finou na Coruña o 27 de xaneiro de 1919.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amalia de la Maza Agar, filla de Ramón de la Maza e neta de Pedro de Agar, e foi pai de Pedro Barrié de la Maza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 28-1-1919, p. 1.
  2. Necrolóxica en El Ideal Gallego, 28-1-1919, p. 5.