José María Pardo Montero: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 19: Liña 19:
* [http://www.senado.es/web/composicionorganizacion/senadores/composicionsenado/fichasenador/index.html?legis=1&id1=11888 Ficha no Senado]
* [http://www.senado.es/web/composicionorganizacion/senadores/composicionsenado/fichasenador/index.html?legis=1&id1=11888 Ficha no Senado]


{{ORDENAR:Pardo Montero, Jose Maria}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Pardo Montero, Jose Maria}}
[[Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD]]
[[Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2016 ás 22:36

José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.

Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.

Contribuiu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986)[1] en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.

Notas

  1. Redacción Galiciaé. "Falece o presidente de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero". Consultado o 20151026. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Xerais, ed. Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo. pp. 262–265. ISBN 84-7507-044-2.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)

Ligazóns externas