Fernando García Agudín
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xaneiro de 1935 A Coruña |
| 18 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Descrito pola fonte | Quen é quen no primeiro Parlamento Galego |
Fernando García Agudín, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1935, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1956, foi avogado do Estado dende 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña dende 1978. Foi tenente de alcalde do concello da Coruña (1971-1974) e representante de Galicia na Xunta Democrática de España (1974-1975). Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, fundou en xullo de 1976 o Partido Popular Galego ao unirse á Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto. Foi deputado pola UCD no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985) e no Congreso na II lexislatura (1982-1986). Posteriormente integrouse en Coalición Galega da que foi elixido presidente no congreso de outubro de 1986[1]. O 11 de abril de 1987 como representante de Coalición Galega constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con José María Pardo Montero polo Partido Liberal e Enrique Marfany polo PDP.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los conservadores de CG eligen como presidente a García Agudín" 27/10/1986 El País (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "Fernando García Agudín". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 158–161. ISBN 84-7507-044-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deputados do Parlamento de Galicia por UCD
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Políticos de Coalición Galega
- Nados na Coruña
- Nados en 1935
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Avogados de Galicia
- Concelleiros da Coruña
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)