As Marcas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
engado control de autoridades |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
{{RexiónsdeItalia}} |
{{RexiónsdeItalia}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Rexións de Italia]] |
[[Categoría:Rexións de Italia]] |
Revisión como estaba o 7 de abril de 2016 ás 21:08
As Marcas[1] (en italiano: Marche) é unha rexión da Italia central de 1 536 098 habitantes, con capital en Ancona. Limita coa Emilia-Romaña, a República de San Marino, a Toscana, a Umbria, os Abruzos, o Lacio e o mar Adriático.
Características
Economía
A economía marquesana está constituída maiormente por unha florecente pequena e media industria altamente especializada e distribuída de xeito regulas por todo o seu territorio, aínda que concentrada sobre todo no litoral e nos vales. Entre os sectores máis relevante, cabe destacar a industria do calzado, en numerosos centros das provincias de Macerata, Fermo e Ascoli Piceno, a industria mobiliaria e mecánica en Pesaro, a mecánica e vitivinícola de Castelli di Jesi, patria do viño Verdicchio, a grande industria naval de Fano e Ancona, electrodomésticos en Fabriano e a turística, cada vez máis importante debido á proliferación de centros balnearios e artísticos por toda a rexión, que atraen visitantes de toda Italia e Europa.
Subdivisión administrativa
As Marcas están divididan en cinco provincias:
Provincia | Concellos |
---|---|
Ancona | 49 |
Ascoli Piceno | 33 |
Fermo | 40 |
Macerata | 57 |
Pesaro e Urbino | 67 |
Notas
- ↑ Ver entrada de «Urbino». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2116. ISBN 9788482893600.