Guanaco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 47: Liña 47:
* [http://www.cordobes.com/30dias/noticia92.html Reintrodución do guanaco nun Parque Nacional] (nota) (en castelán)
* [http://www.cordobes.com/30dias/noticia92.html Reintrodución do guanaco nun Parque Nacional] (nota) (en castelán)
* [http://lacaledoniasur.com.ar/guanaco.html ''O guanaco, o morador orixinario da Patagonia.''] (en castelán)
* [http://lacaledoniasur.com.ar/guanaco.html ''O guanaco, o morador orixinario da Patagonia.''] (en castelán)
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Fauna de América do Sur]]
[[Categoría:Fauna de América do Sur]]

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2016 ás 23:35

Guanaco
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Tribo: Lamini
Xénero: 'Lama'
Especie: ''L. guanicoe''
Nome binomial
'Lama guanicoe'
(Müller, 1776)
Distribución del guanaco (Lama guanicoe)
Distribución del guanaco (Lama guanicoe)

Distribución del guanaco (Lama guanicoe)
Subespecies

Lama guanicoe guanicoe
Lama guanicoe cacsilensis

Sinonimia

Lama glama guanicoe
Lama glama cacsilensis

O guanaco (Lama guanicoe) é un camélido nativo de América do Sur, cuxa altura varía entre 107 e 122 cm. Pesa cerca de 90 kg. A cor varía moi pouco (ao contrario do llama), variando dun marrón-claro a un máis escuro e canela para sombreamento, con pelaxe branca no tórax e no abdome. A face dun guanaco ten un ton cinsento e as orellas, pequenas, fican de pé. A súa característica distintiva son os seus grandes ollos castaños (utilizados para se manter atento a calquera perigo), a forma corporal equilibrada e a enorme enerxía. O nome guanaco vén da lingua suramericana quechua (da palabra huanaco). O guanaco, así como a llama, é un mamífero ruminante de América do Sur, principalmente no Perú. Ao contrario das outras especies de camelídeos, este animal ten a pelaxe máis curta. Pode pasar catro días sen auga. Vive en grandes alturas, próximas aos 4 000 metros.

Poboación e distribución

O guanaco é nativo das rexións áridas e montañosas de América do Sur. Atópanse no altiplano do Perú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Chile e Arxentina. En Chile e na Arxentina, son máis numerosos nalgunhas rexións da Patagonia, en lugares como o Parque Nacional Torres del Paine e na Illa Grande da Terra do Fogo. Nestas zonas, existen limitacións en materia de concorrencia (pasto do gando). Algúns indios bolivianos son coñecidos por axudar a poboación de guanacos a recuperar a súa estabilidade poboacional. O tempo de vida normal dun guanaco é de vinte a vinte e cinco anos.

Época de apareamento

A época de apareamento ocorre entre novembro e febreiro, durante a cal os machos, frecuentemente, pelexan violentamente para establecer o dominio sobre a femia e para ter os dereitos de reprodución. Once meses despois nace un único descendente (chamado de chulengo). Os chulengos son capaces de andar inmediatamente após o nacemento. Os novos chulengos machos son expulsos do rabaño logo dun ano de idade.

Curiosidades

Hemoglobina

Como se atopan en grandes altitudes (onde os niveis de osíxeno son baixos), unha culleriña de sangue de guanaco contén arredor de 68 000 000 de glóbulos vermellos - catro veces máis ca o do ser humano. Este elevado numero de hemacias garante a adaptación corporal nestas condicións extremas.

Guanacos no Parque Nacional Torres del Paine, en Chile

Notas

  1. Baldi, B., Lichtenstein G., González, B., Funes, M., Cuéllar, E., Villalba, L., Hoces, D. & Puig, S. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas