Alpaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a aliaxe do mesmo nome, véxase a páxina Alpaca (aliaxe)
Alpaca

Alpaca
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Camelidae
Xénero: Vicugna
Especie: V. pacos
Nome binomial
'Vicugna pacos'
(Linnaeus, 1758)
Distribución da alpaca
Distribución da alpaca

Distribución da alpaca

A alpaca[1] (Vicugna pacos) é unha especie domesticada de América do Sur da familia Camelidae. A súa aparencia é a dunha llama de pequeno tamaño. Hai dúas razas de alpaca; a "suri" e a "huacaya".

As alpacas viven nos Andes, no sur Perú, norte de Bolivia, Ecuador e norte de Chile, a unha altitude de entre 3500m e 5000m por riba do nivel do mar.[2] As alpacas son considerablemente máis pequenas que as llamas, e ó contrario que estas, non foron criadas para seren animais de traballo, senón especificamente polo seu pelame. Este é usado para facer tecidos, dun xeito semellante á la. Entre os artigos que se poden facer inclúense mantas, xerseis, sombreiros, luvas e bufandas, así como os ponchos.

Unha alpaca adulta mide entre 81 e 99 cm de altura ata a cruz. Pesan entre 48 e 84 kg.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alpaca.
  2. UN Food and Agriculture Organization (ed.). "Harvesting of textile animal fibres". 
  3. "Physical characteristics of Alpacas". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 27 de febreiro de 2014.