Hecateo de Mileto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Logógrafos mediante HotCat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Hecataeus world map-es.svg|thumb|Mapa de Hecateo. Nel represéntase a Terra coñecida (Asia e Europa) como un disco rodeado do Océano.]]
[[Ficheiro:Hecataeus world map-es.svg|thumb|Mapa de Hecateo. Nel represéntase a Terra coñecida (Asia e Europa) como un disco rodeado do Océano.]]
'''Hecateo de Mileto''', nado en [[Mileto]] sobre o [[-550]] e finado sobre [[-476]], foi un [[Historiografía grega|historiador grego]]. O primitivo do seu [[método histórico]] clasifícao entre os [[logógrafo]]s. Tamén pode considerárselle precedente da [[xeografía]] e a [[cosmografía]]. Non debe confundirse co seu homónimo [[Hecateo de Abdera]], tamén historiador.

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
Naceu en [[Mileto]] de rica familia e recibiu o nome da deusa [[Hécate]]. Chegou á madurez no tempo da invasión persa. Tras longas viaxes asentouse na súa cidade natal, onde ocupou altos cargos e dedicouse á composición de traballos históricos e xeográficos. Cando [[Aristágoras]] convocou un consello dos [[Xonia|xonios]] en Mileto para organizar a [[revolta xónica]] contra o poder [[Imperio aqueménida|persa]], Hecateo tratou en balde de disuadir aos seus compatriotas de levala a cabo <ref>[[Heródoto]] 5.36, 125</ref>. No -494, cando os derrotados xonios se viron obrigados a negociaren a rendición, el foi un dos embaixadores ante o [[sátrapa]] persa [[Artafernes (sátrapa)|Artafernes]], ao que persuadiu que permitise a reconstrución das cidades xonias. <ref>[[Diodoro Sículo]], ''Biblioteca histórica'' X.25.</ref>

Liña 11: Liña 11:
Tamén se lle coñecen as ''Genealogiai'', compendio racionalmente sistematizado das tradicións e [[mitoloxía]] gregas, que rompe coa tradición épica de construción de mitos. Consérvanse poucos fragmentos, pero suficientes para considerar a súa importancia.

== Escepticismo ==
== Escepticismo ==
As obras de Hecateo, especialmente as ''Genealogiai'', mostran un marcado [[Escepticismo filosófico |escepticismo]]: {{cita|"''Isto di Hecateo de Mileto: Escribo o que considero verdade; as historias dos gregos parécenme ridículas''".}} Ao contrario que o seu contemporáneo [[Xenófanes]], non critica os mitos partindo dos mitos mesmos, senón que a súa incredulidade provén da súa ampla exposición ás moitas mitoloxías contraditorias que atopa nas súas viaxes.
As obras de Hecateo, especialmente as ''Genealogiai'', mostran un marcado [[Escepticismo filosófico|escepticismo]]: {{cita|"''Isto di Hecateo de Mileto: Escribo o que considero verdade; as historias dos gregos parécenme ridículas''".}} Ao contrario que o seu contemporáneo [[Xenófanes]], non critica os mitos partindo dos mitos mesmos, senón que a súa incredulidade provén da súa ampla exposición ás moitas mitoloxías contraditorias que atopa nas súas viaxes.

É ilustrativa a anécdota da visita a un templo exipcio en [[Tebas, Exipto|Tebas]] <ref>Heródoto II, 143</ref>. O sacerdote mostra a [[Heródoto]] unha serie de estatuas no sagrado interior do templo, cada unha supostamente erixida polo sumo sacerdote de cada xeración. Hecateo, di Heródoto, tras presenciar o mesmo espectáculo, mencionou aos sacerdotes que el mesmo podía reconstruír a súa liña de antepasados a través de dezaseis xeracións ata chegar a un deus do que descendía. Os exipcios, comparando a súa xenealoxía coa súa propia manifestada en 345 estatuas, todas de mortais, negáronse a crer a pretensión de Hecateo de descender dunha figura mitolóxica. Este encontro coa antigüidade inmemorial de Exipto considérase unha influencia crucial no escepticismo de Hecateo. O pasado mitoloxizado dos gregos vólvese insignificante cando o compara coa historia dunha civilización que xa era antiga antes de que se fundase [[Micenas]].

Liña 18: Liña 18:
== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref}}
==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.livius.org Livius], [http://www.livius.org/he-hg/hecataeus/hecataeus.htm Hecataeo de Mileto] por Jona Lendering
* [http://www.livius.org Livius], [http://www.livius.org/he-hg/hecataeus/hecataeus.htm Hecataeo de Mileto] por Jona Lendering
* [http://www.iranicaonline.org/articles/hecataeus-of-miletus Artigo] detallado con bibliografía en [http://www.iranicaonline.org/ iranicaonline].
* [http://www.iranicaonline.org/articles/hecataeus-of-miletus Artigo] detallado con bibliografía en [http://www.iranicaonline.org/ iranicaonline].
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Personalidades da xeografía]]
[[Categoría:Personalidades da xeografía]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2015 ás 05:10

Mapa de Hecateo. Nel represéntase a Terra coñecida (Asia e Europa) como un disco rodeado do Océano.

Hecateo de Mileto, nado en Mileto sobre o -550 e finado sobre -476, foi un historiador grego. O primitivo do seu método histórico clasifícao entre os logógrafos. Tamén pode considerárselle precedente da xeografía e a cosmografía. Non debe confundirse co seu homónimo Hecateo de Abdera, tamén historiador.

Traxectoria

Naceu en Mileto de rica familia e recibiu o nome da deusa Hécate. Chegou á madurez no tempo da invasión persa. Tras longas viaxes asentouse na súa cidade natal, onde ocupou altos cargos e dedicouse á composición de traballos históricos e xeográficos. Cando Aristágoras convocou un consello dos xonios en Mileto para organizar a revolta xónica contra o poder persa, Hecateo tratou en balde de disuadir aos seus compatriotas de levala a cabo [1]. No -494, cando os derrotados xonios se viron obrigados a negociaren a rendición, el foi un dos embaixadores ante o sátrapa persa Artafernes, ao que persuadiu que permitise a reconstrución das cidades xonias. [2]

Hecateo foi un dos primeiros autores clásicos que mencionan aos pobos celtas.

Obra

Atribúese a Hecateo a Ges Periodos ("Viaxes ao redor da Terra"), obra en dous libros, cada un dos cales organízase a xeito de periplo (navegación costeira con escalas). O primeiro, sobre Europa, é esencialmente un periplo mediterráneo, describindo unha por unha cada rexión visitada, chegando ata a Escitia. O segundo, sobre Asia, organízase de modo similar ao Periplo do Mar Eritreo, do que sobrevive unha versión do século I. Hecateo describe os países e pobos do mundo coñecido, sendo a parte de Exipto particularmente completa. As descricións acompáñanse dun mapa, baseado no de Anaximandro, que corrixe e aumenta. Consérvanse 374 fragmentos da obra, a maior parte citados no léxicon xeográfico Étnica, compilado por Estevo de Bizancio.

Tamén se lle coñecen as Genealogiai, compendio racionalmente sistematizado das tradicións e mitoloxía gregas, que rompe coa tradición épica de construción de mitos. Consérvanse poucos fragmentos, pero suficientes para considerar a súa importancia.

Escepticismo

As obras de Hecateo, especialmente as Genealogiai, mostran un marcado escepticismo:

"Isto di Hecateo de Mileto: Escribo o que considero verdade; as historias dos gregos parécenme ridículas".

Ao contrario que o seu contemporáneo Xenófanes, non critica os mitos partindo dos mitos mesmos, senón que a súa incredulidade provén da súa ampla exposición ás moitas mitoloxías contraditorias que atopa nas súas viaxes.

É ilustrativa a anécdota da visita a un templo exipcio en Tebas [3]. O sacerdote mostra a Heródoto unha serie de estatuas no sagrado interior do templo, cada unha supostamente erixida polo sumo sacerdote de cada xeración. Hecateo, di Heródoto, tras presenciar o mesmo espectáculo, mencionou aos sacerdotes que el mesmo podía reconstruír a súa liña de antepasados a través de dezaseis xeracións ata chegar a un deus do que descendía. Os exipcios, comparando a súa xenealoxía coa súa propia manifestada en 345 estatuas, todas de mortais, negáronse a crer a pretensión de Hecateo de descender dunha figura mitolóxica. Este encontro coa antigüidade inmemorial de Exipto considérase unha influencia crucial no escepticismo de Hecateo. O pasado mitoloxizado dos gregos vólvese insignificante cando o compara coa historia dunha civilización que xa era antiga antes de que se fundase Micenas.

Hecateo foi probabelmente o primeiro dos logógrafos en intentar unha seria historia en prosa e en empregar o método crítico para distinguir o mito do feito histórico, aínda que acepta a Homero e outros poetas como autoridades fidedignas. Heródoto debe a Hecateo o concepto de historia en prosa, aínda que ás veces discuta o seu contido.

Notas

  1. Heródoto 5.36, 125
  2. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica X.25.
  3. Heródoto II, 143

Véxase tamén

Ligazóns externas