Howard Carter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Naceu en Kensington, [[Londres]], sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de [[ Condado de Norfolk, Inglaterra |Norfolk]], sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a [[pintura]].
Naceu en Kensington, [[Londres]], sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de [[Condado de Norfolk, Inglaterra|Norfolk]], sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a [[pintura]].


Carter comezou os seus traballos en Exipto en [[1891]], aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de [[Beni Hasan]]. Posteriormente pasou á tutela de [[William Flinders Petrie]].
Carter comezou os seus traballos en Exipto en [[1891]], aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de [[Beni Hasan]]. Posteriormente pasou á tutela de [[William Flinders Petrie]].
Liña 20: Liña 20:
[[Ficheiro:Luxor,_West_Bank,_Stoppelaere_House,_Egypt,_Oct_2004.jpg|miniatura|dereita|220px|A casa de Howard Carter na necrópole de Tebana]]
[[Ficheiro:Luxor,_West_Bank,_Stoppelaere_House,_Egypt,_Oct_2004.jpg|miniatura|dereita|220px|A casa de Howard Carter na necrópole de Tebana]]
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
*T.G.H James, ''Howard Carter ; The Path to Tutankhamun'', Londres: Tauris Parke, 2001.
* T.G.H James, ''Howard Carter ; The Path to Tutankhamun'', Londres: Tauris Parke, 2001.
*Reeves, N. and Taylor, J.H., ''Howard Carter: Before Tutankhamun'', Londres: British Museum Press, 1992.
* Reeves, N. and Taylor, J.H., ''Howard Carter: Before Tutankhamun'', Londres: British Museum Press, 1992.
*The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz
* The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.ashmolean.museum/gri/4tut.html Web do ''Griffith Institute'', rexistros de Howard Carter sobre as cinco campañas de escavacións financiadas por Lord Carnarvon, no Val dos Reis 1915;1922]
* [http://www.ashmolean.museum/gri/4tut.html Web do ''Griffith Institute'', rexistros de Howard Carter sobre as cinco campañas de escavacións financiadas por Lord Carnarvon, no Val dos Reis 1915;1922]
*[http://www.ashmolean.museum/gri/carter/ The Anatomy of an Excavation]
* [http://www.ashmolean.museum/gri/carter/ The Anatomy of an Excavation]


{{ORDENAR:Carter, Howard}}
{{ORDENAR:Carter, Howard}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Exiptólogos]]
[[Categoría:Exiptólogos]]
[[Categoría:Nados en Londres]]
[[Categoría:Nados en Londres]]

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2015 ás 15:39

Howard Carter

Howard Carter, nado o 9 de maio de 1874 e finado o 2 de marzo de 1939, foi un arqueólogo e exiptólogo inglés, que se fixo moi famoso por descubrir, en 1923, a tumba de Tutankhamon (Tut-Ankh-Amon), no Val dos Reis, fronte a Luxor, en Exipto.

Traxectoria

Naceu en Kensington, Londres, sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de Norfolk, sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a pintura.

Carter comezou os seus traballos en Exipto en 1891, aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de Beni Hasan. Posteriormente pasou á tutela de William Flinders Petrie.

En 1899, comezou a traballar para o Servizo de Antigüidades Exipcias, o cal abandonou en 1905 logo dunha disputa. Tras varios anos difíciles, en 1907 coñece a Lord Carnarvon, un entusiasta nobre afeccionado á arqueoloxía e disposto a proporcionar os fondos necesarios para continuar o traballo de Carter. Pronto, Carter supervisaba todas as escavacións de Lord Carnarvon.

A tumba de Tutankhamon

Máscara de Tutankhamon no Museo Exipcio do Cairo

Lord Carnarvon financiou a procura da tumba dun faraón descoñecido, Tutankhamon, cuxa existencia fora descuberta por Carter. O 4 de novembro de 1922 Carter achou a tumba de Tutankhamon (posteriormente designada KV62), a tumba faraónica mellor conservada (de feito, case intacta) xamais atopada, no Val dos Reis. Xunto a Lord Carnarvon, o 16 de febreiro de 1923, Carter abriu a cámara e foi o primeiro en ver o sarcófago de Tutankhamon.

Tras catalogar os extensos achados, Carter retirouse da arqueoloxía converténdose en coleccionista. Morreu en Inglaterra en 1939 aos 65 anos. A súa morte a esta avanzada idade é a evidencia máis común esgrimida para refutar a lenda da "maldición dos faraóns" que supostamente recaeu sobre o grupo que profanou a tumba de Tutankhamon, aínda que é certo que o canario de Howard Carter foi engulido por unha cobra (no antigo Exipto a cobra era un símbolo de protección do faraón) pouco despois do descubrimento da tumba.

Howard Carter foi enterrado no cemiterio de Putney Vale, ao oeste de Londres.

Véxase tamén

A casa de Howard Carter na necrópole de Tebana

Bibliografía

  • T.G.H James, Howard Carter ; The Path to Tutankhamun, Londres: Tauris Parke, 2001.
  • Reeves, N. and Taylor, J.H., Howard Carter: Before Tutankhamun, Londres: British Museum Press, 1992.
  • The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz

Ligazóns externas