Diferenzas entre revisións de «Sabino Arana Goiri»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sem resumo de edição
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Sabino Arana Goiri''', ou '''Arana Goiri'tar Sabin''' segundo o sistema onomástico que desenvolveu, nado en [[Bilbao]] o [[26 de xaneiro]] de [[1865]] e finado en [[Sukarrieta]] o [[25 de novembro]] de [[1903]], foi un político vasco, considerado pai do [[nacionalismo vasco]].
 
== Traxectoria ==
Procedente dunha familia [[carlismo|carlista]] da ''república'' ([[anteiglesia]]) de Abando (actualmente integrada en Bilbao), Sabino iniciou a súa educación en [[Baiona, Francia|Baiona]], capital de [[Laburdi]], no [[Iparralde]], onde se exiliaran en [[1873]] por mor das ideas carlistas do seu pai.
 
 
== Ideoloxía ==
A súa [[ideoloxía]] era basicamente reaccionaria, considerando a [[raza vasca]] superior en todo á española. Á parte do referente da lingua, común na maior parte dos [[nacionalismo]]s europeos dende os [[romanticismo|románticos]] alemáns, Sabino dotou ó seu movemento dun aspecto revisionista (non consideraba os [[Foro (contrato)|foroforos]]s como unha carta outorgada de autonomía, senón como un código de soberanía) e dun sentir católico, que quedaron reflectidos no seu lema ''"Deus e leis vellas"'' (''Jaungoikoa Eta Lagi-zarrak''). Cría que a decadencia do país se debía á carencia deste código de soberanía. Estábanse a perder a cultura, os costumes, a lingua... en definitiva: a identidade do País Vasco en que vivía e todo polo seu sometemento a leis foráneas.
 
Fixo obxecto dos seus ataques ós [[Inmigración|inmigrantes]], ''[[Maqueto|maketos]]'', que non se integraban nos costumes dos habitantes do País Vasco e facían sentir vergoña ós éuscaro-falantes por non saber castelán ademais de realizar o seu traballo por baixo salario, ós [[Comunismo|comunistas]] por atacar as tradicións relixiosas e a propiedade, e ás clases altas liberais corruptas dedicadas á compra-venda de poder tan típica na restauración española.
 
Arana propoñía naquela época a independencia de Biscaia como vía de recuperación da súa identidade, deixando que cada unha das restantes provincias vascas de [[España]] ([[Hegoalde]]) e de [[Francia]] ([[Iparralde]]) percorresen o mesmo camiño pola súa conta, até reunirse todas nunha [[Euzkadi]] federal. En [[1894]] deu o paso definitivo para transformar o seu pensamento nun movemento político: creou o xornal ''[[Bizcaitarra]]'' clausurado por orde gobernamental e posteriormente ''[[Euskaldun Batzokia]]'' clausurado polo gobernador civil.
 
As clases medias e o campesiñado apoiaron activamente o seu movemento intensamente sacudidos pola perda do seu status (quebra dos pequenos negocios, empobrecemento do campesiñado ante os baixos soldos aceptados polos inmigrantes, ataque ós seus sinais de identidade,...). Vían nel a forma de conseguir pacificamente o perdido pola derogación foral de [[1876]] e imposible de recuperar polas dúas [[guerras carlistas]] anteriores.
Aplicando as súas ideas sobre filoloxía vasca acuñou un nome para o país: ''Euzkadi'' (en detrimento do vocábulo empregado até entón durante séculos, ''[[País Vasco (rexión histórica)|Euskal Herria]]'') e unha bandeira, a [[ikurriña]], pensada nun principio para que fose a bandeira da [[Biscaia]] independiente aínda que, dada a súa difusión ó longo do País Vasco francés e español se asociou con toda a rexión. En [[1895]] fundou o [[Partido Nacionalista Vasco]], principal organización política do [[País Vasco]].
 
Instaurou a celebración do ''[[Aberri Eguna]]'' (día da nación) o domingo de Pascua de cada ano, comezando co lema "''Euzkadi Euzkaldunon Aberria da''" (Euskadi é a patria dos vascos). Nos derradeiros anos da súa vida as súas ideas evolucionaron a modos máis moderados, desaparecendo a compoñente étnica nos seus escritos e manténdose a cultural e social.
 
Na última etapa da súa vida desenvolveu a proposta ''españolista'', o cal supuxo un xiro radical ás teses que viña defendendo: propoñía unha colaboración co goberno español como única vía para acadar os obxectivos de soberanía do partido. Trala súa morte os responsables do [[PNV]] foron arreconchegando estas novas aportacións ideolóxicas do seu fundador.
 
{{ORDENAR:Arana Goiri, Sabino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nacionalismo vasco]]
393.002

edicións

Menú de navegación